Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: más de 1000 libros

6+

Blanquito

Morán Ortí, José

32Ver
3+

Os contos da colección Os Dereitos do Neno e da Nena están dirixidos as nenas e nenos de educación infantil e primaria, e comprenden unha diversidade de temas relacionados con eles. Pretendemos poñer a disposición de nais, pais e educadores un conxunto de elementos que lles poidan ser útiles nas súas tarefas educativas. Que entendemos por dereitos? Os dereitos son as normas legais que regulan as relacións entre as persoas. Dentro destas normas, as nenas e nenos gozan dunha serie de dereitos específicos e universais. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que aprobou esta declaración o 20 de novembro de 1959, solicita a todos os gobernantes e aos pobos que difundan e expliquen os principios enunciados con anterioridade a nais, pais e educadoras, profesionais da sanidade, traballadores e traballadoras sociais, a todas as persoas que se ocupan directamente dos nenos e aos mesmos nenos e nenas. Os obxectivos que nais, pais e educadores queremos conseguir son: * Promover nos nenos e nenas actitudes que faciliten a creación de situacións xustas no seu contorno... * Fomentando unha actitude positiva fronte ás dificultades. * Evitando as liortas. * Amosando o valor do traballo en grupo. * Ensinando a compartir e respectar o material escolar e as instalacións. * Colaborando na limpeza e coidado do medio natural. * Facer que coñezan e respecten as diferentes culturas e etnias coas que convivan non só na propia escola e no seu barrio, senón tamén no ámbito mundial, nun marco de respecto e interese pola diferenza, así como da conciencia da igualdade de deberes e dereitos. * Conciencialas/os das situacións de inxustiza que existen no mundo, especialmente polo que aos nenos e nenas se refire. * Amosarlles que o mundo o hai que construír entre todas e todos, dun xeito máis xusto. Unha nena pequena da cidade acaba pasando a noite nunha granxa cos animais que nela vivían. E boa a armou! Artigo 4º "O neno ou a nena ten que gozar dos beneficios da seguridade social. Terán dereito a crecer e a desenvolverse san: por iso se lles proporcionará, xunto á súa nai, atención prenatal e posnatal. Gozarán de alimentación, vivenda, recreo e servizos médicos adecuados e gratuítos''.

Boas noites!

Sabaté i Rodiè, Teresa

34Ver
3+