Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: 204 libros

A partir de 3 anos Mimi estaba desexando que nacera o seu irmanciño... pero, oh!... non sabía facer nada. Este conto vai especialmente dirixido a nenas e nenos que teñen irmáns con graves discapacidades. Notas para pais, nais e educadores O nacemento dunha filla ou fillo con discapacidade nunha familia é un acontecemento que ten repercusións importantes sobre todas e cada unha das persoas que forman esa familia: pai, nai, irmáns, avós... Mimi é un conto dirixido a nenos e nenas pequenas que teñen ou acaban de ter un irmán ou irmá con graves discapacidades. Intenta ilustrar a situación do seu nacemento desde a mirada do irmán. Con debuxos sinxelos pretende animalos a expresar o que poden sentir e vivir nesta difícil situación familiar: desconcerto, malestar, vergoña e rabia son algúns dos sentimentos que adoitan expresar as nenas e nenos de pouca idade cando falan da súa convivencia cun irmán ou irmá con graves discapacidades. Ofrece a pais e educadores un recurso para estimular ao neno a falar do seu irmán, falar do que sente ou vive nesa situación e fomentar a comunicación aberta sobre a discapacidade da irmá ou irmán. Aprender desde unha idade moi temperá a falar en familia de forma sinxela e aberta sobre un tema difícil, expresar e compartir sentimentos, se ben non resolve o problema, seguramente faino máis levadeiro. Tamén pretende transmitir unha visión positiva da discapacidade: lonxe de ser un impedimento, a discapacidade pode enriquecer as relacións e vivencias entre irmáns, tan fundamentais no crecemento e desenvolvemento de toda persoa.

Mimi e a xirafa azul

de Visscher, Cécile

50Ver
3+

VII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques. Modalidade adultos. Con Auga que non vas beber..., Inacio Vilariño transpórtanos de forma divertida e con fino humor ao terreiro de aventuras e desventuras amorosas entre Xosé e Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada. Entre os varios xogos de mañas e malicias, construídos polo padre, é notorio, da lectura do texto, que son moitas as referencias que remiten ao universo das tradicións populares portuguesas e galegas e que forman parte tamén das influencias das tradicións populares que compoñen o universo panhispánico do xénero. ... Inacio Vilariño, fai do acervo material da tradición oral, con raíces comúns, nunha oportuna colaxe dalgúns exemplos populares de antano aos nosos días, demostrando unha clara intención de rescatar todos eses materiais -que pola súa perennidade corren sempre o risco de caer no esquecemento- e aplicalos nun texto cheo de fulgor e vivacidade. Se ben é certo que algúns destes exemplos da tradición oral estiveron máis presentes na nosa memoria colectiva en épocas remotas, Auga que non vas beber... cumpre esa difícil e ardua tarefa de avivar o coñecemnto sobre o noso pasado, e que forma parte da identidade dos pobos, permitindo así a súa difusión na actualidade, a través dunha linguaxe capaz de abarcar diferentes idades e contribuíndo de forma clara á súa dinamización co público. Á marxe do VII Premio Barriga Verde que este texto conseguiu, non son as palabras ás que poden facer o mellor eloxio a este arguemnto mais si a súa representación. Só así, gañando vida as personaxes e as súas accións, poderemos facer xustiza á arte e enxeño de Inacio Vilariño. Prólogo de Paulo Moreiras (escritor portugués)

Auga que non vas beber...

Vilariño, Inacio

60Ver