Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: más de 1000 libros

Luis vai á praia

Delisle, Guy

48Ver

Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, incondicional afeccionado, socio soñador dun Celta galego e campión. O rapaz escoita, en necesarias horas de garda e de terapia para o ancián, a grande novela histórica, utópica do fútbol galego. «Bobi» Vilanova Castro era o máis novo. Acababa de se incorporar, con a penas dezanove anos, ó primeiro equipo do Celta de Vigo, que dirixía o severo adestrador alemán Lav Zilay, un vello triunfador do fútbol europeo que obtivera dous subcampionatos da UEFA, finalista na Recopa, o Escudeto italiano e tres clasificacións nos Mundiais. Daquela o Celta formaba con Domínguez, na portería; Pretinha, –o lateral dereito que chegara do Botafogo, unha marabilla como carrileiro-, Gaula, Rodri e Garcés na defensa; Outes –o medio centro incansable, recuperador de balóns incribles, oriúndo de Lleida con raíces galegas-, Kristopher –o internacional dinamarqués–, Kaisser e Manríquez na media; e Djuva –a estrela do equipo, o goleador esloveno, o señor da área, o dianteiro listo e cazador dos despistes– e Rodobam na dianteira. Un equipo que o presidente Santaló preparara a golpe de talonario para participar nas competicións europeas. Bobi dera un chimpo sorprendente dende a terceira á primeira división da liga de fútbol profesional; el, soamente el representaba á canteira dos campos da Madroa e de Coia. Bobi andaba fino, era listo coma un allo, roubaba, servía, tocaba con aquel xeito seu, ó pé acariñando a pelota, era un estilista. O responsable do seu ascenso, Xaime Barreiro, o humilde adestrador dos equipos xuvenís de base, díxolle ao seu «neniño de diamante», camiño da entrevista co presidente: Bobi, acórdate, paseniño e con humildade, non deixes que che suban os goles á cabeza».

Lume de biqueira

Vázquez Pintor, Xosé

280Ver
12+

Sucedeu que había un reino que non tiña nin marcha, nin himno, nin música que o amparase. Augusto Trompeteira Diapasón , un famoso compositor con moita confianza nas súas posibilidades creativas, recibiu o encargo dos reis daquel país, que malía ser pequeno posúía case de todo, de compoñer unha música en exclusiva para representar a a aquel reino que litigaba sempre cos seus países veciños, unha democracia remendada e cunha república militar… Baldomero, un contable dunha fábrica de embutidos, parecía unha persoa normal e corrente da cidade de Orilal. Pero non o era, porque se trata dun mago de segunda clase, que aprendeu os seus trucos nun curso por correspondencia organizado por un equipo de bruxas e magos preocupados por comprobar como diminuía o censo de seres máxicos. Baldomero inventaba artefactos ben extraños como o futuroscopio, un tubo retorto capaz de mostrar o futuro que cada un desexa… A Isquirión gustáballe ter un nome máis común. Non sabía por qué tiña aquel nome tan estraño nin quen llo puxera. Con todo, o que de verdade lle inquietaba era que for a parar a un mundo que non lle gustaba en absoluto porque non se oía unha música, nin un son, agradable ou desagradable . Un mundo no que os seus habitantes pasaban o día facendo carreiras contra os grandes reloxos silandeiros, que levaban no pulso ou pendurados de longas cadeas cruzadas sobre as súas grandes barrigas… “Mago por correspondencia” do catalán Joles Sennell (seudónimo que Pep Albanell utiliza nalgunha das súas obras) recolle sete relatos onde, como nas mellores beberaxes, se mesturan de forma sutil a fantasía e o humor. Contos de bruxas, fadas, deuses e, tamén, humanos, ilustrados pola xenialidade característica de Xan López Domínguez.

Mago por correspondencia

Sennell, Joles

104Ver
12+

Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches

Choux, Nathalie;Nessmann,...

128Ver

Mal de pedra

Agus, Milena

96Ver