Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 10 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Pequena mitoloxía de Galicia

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Miranda, Xosé;Reigosa, Antonio;Cuba, Xoán R.

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Edicións Singulares

Páginas:
112

Idioma:
Galego

Resumen

Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantes dun mundo máxico, que non é distinto do real, ou que polo menos non está moi lonxe deste, e pode entreverse algunhas mañás, entre os raios de sol que perforan a néboa; un mundo encantado que se sitúa no afastado horizonte, alí onde apousa o arco da vella os seus beizos e bebe as augas dos ríos, cando chove e vai sol e o demo vai para o Ferrol cargadiño de alfinetes; que se insinúa na espesura dunha fraga, entre vellos carballos, á sombra dos que durmiña un xastre coxo e nugallán, que en sete parroquias non cose para ninguén e non dá tres pases e vano levar os demos; ou nas noites de San Xoán, á escasa luz das fogueiras, cando saltamos o lume novo e imos recoller o sabugueiro… Os autores deste volume, o mesmo equipo que publicara o Diccionario dos seres míticos galegos, diríxense agora ao público infantil e xuvenil co obxectivo de que os rapaces e rapazas aprendan a tratar cos mouros, cos ananos, con esoutra xente cativa que habita nos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras. Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda volven a facer o esforzo de presentar o saber tradicional do pobo, os ósos dos defuntos (a quen hai que escoitar con grande atención), que agardan polos nosos, os cantos dos paxaros, as antigas receitas e os compoñentes novos, o fiúncho e a menta, a ruda e a herba de namorar, que só medra nos confíns occidentais do mundo, onda nós. Esta Pequena Mitoloxía de Galicia, libro singular, mesmo no seu formato e encadernación en cartoné, foi ilustrado por catro dos nosos mellores ilustradores Irene Fra, Fino Lorenzo, Enjamio e Teresa Novoa. Catro miradas diferentes, catro estilos para desenvolver un mesmo proxecto: o de devolvernos o rostro descoñecido de trasnos, diaños, tardos e outros seres da mitoloxía galega.
Cubierta

Quéroche contar un conto

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Alfaya, An;Castro Veloso, Francisco;Cermeño, Xosé;Fernández Paz, Agustín;Pérez Pintos, Irene

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Edicións Singulares

Páginas:
80

Idioma:
Galego

Resumen

Dende ASPANAEX queremos darlles o noso máis sincero agradecemento a An Alfaya “Os segredos das cores”, Francisco Castro “A sombra que asombra”, Xosé Cermeño “Historia de don Ramón e o susto que puido levar cando a marea subía e non quería baixar”, Agustín Fernández Paz “Unha amiga secreta” e Irene Pérez Pintos “Cousas que facer un día de chuvia” , que de forma totalmente desinteresada e altruísta se contaxiaron do entusiasmo de Cristina (nai de Raquel) no proxecto de editar un libro de contos, onde os nosos amigos os escritores, coa súa imaxinación encherían as páxinas de palabras e onde as persoas con minusvalía intelectual o pintarían de bonitas cores coas súas ilustracións. Un libro que pretende dar a coñecer á sociedade as capacidades que teñen as persoas con minusvalía intelectual. este libro é un claro exemplo de cómo estas persoas conseguen superar as súas dificultades cando se lles ofrecen os apoios necesarios e se lles dan oportunidades de participar.
Cubierta

Santos e defuntos

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Navaza, Gonzalo

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Edicións Singulares

Páginas:
56

Idioma:
Galego

Resumen

Gonzalo Navaza escribe este conto a partir dunha proposta de que fixera un relato que incluíse a frase “o mar o lonxe seguía a bater con forza”. A partir dese fío, Navaza ofrécenos unha historia de emigrantes, chea de intrigas, humor e múltiples paradoxos e imprevistos, na procura da súa identidade. Un galego de cerca de serenta e cinco anos, que deixara Galicia había máis de cincuenta, procura a súa familia nun deses programas televisivos que promoven lacrimosos reencontros de parentes tras moitos anos de separación. Santos e defuntos mestúranse neste maxistral conto cheo de humor, onde o xogo da impostura non é máis ca unha manifestación da ironía intensa da vida. O libro está ilustrado explendidamente polo artista Ramón Trigo.
Cubierta

Trece noites, trece lúas

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Reigosa, Antonio

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Edicións Singulares

Páginas:
160

Idioma:
Galego

Resumen

Síganos, se lle prace, nesta viaxe que lle propoñemos para percorrer este tempo mítico que vai desde o 25 de decembro, suposta data de nacemento de Xesús, ata o 6 de xaneiro, día do seu bautismo, outra forma de nacemento. Entremedias practicamos ritos, reunímonos para festexar, cantar, bailar e comer, tentamos a sorte, repoñemos enerxía e bos propósitos, e seguimos, ou cremos seguir fielmente tradicións que ao mellor non son tan «tradicionais» como cremos… No gran teatro das festas que se van sucedendo polo ano adiante, a escena que representamos colectivamente nos días de Nadal constitúe o clímax, a esencia e o resume de todas elas pois sendo, como é, un final, reverdece en cada un de nós unha ilusión e unha esperanza polo que se anuncia que vai comezar.
Cubierta

Un conto de tres noites

Soy un gran lector (12+)

Autor:
DoCampo, Xabier P.

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Edicións Singulares

Páginas:
96

Idioma:
Galego

Resumen

Xabier P. Docampo confesa, ao inicio deste conto marabilloso ,a súa identidade chairega e a súa señardade do mar. Quizais por esta característica propón aos lectores unha narración engaiolante que explica as razóns polas que unha illa anda polo mar adiante desde non se sabe cando, unha historia desas moi vellas, a dun home que tivo todo o mar dentro da cabeza. Iso é o que o Visito conta durante tres noites, a historia do rei Gaoth, guerreiro valente e astuto, vencedor en centos de batallas, que tivo o mar dentro da súa cabeza. Dende o miradoiro dunha altísima torre, contruída na beiramar, Gaoth esculca arreo o mar, enxergando cada sombra que as nubes debuxan na tona da auga, ata identificar a presencia dunha illa dunha cor verde intensa que apareceu no mar sen advertencia nin explicación ningunha. Un conto de tres noites forma parte desa rede de historias que nos explican a vida, porque ningún castigo merece ser eterno, porque ningunha culpa é imperdoable. Conto ilustrado coa xenialidade a que nos ten afeitos Xosé Cobas.