Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron más de 1000 resultados. Afinar la búsqueda

Cubierta

A casa da duna

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Alonso, Fran;González Vicente, Manuel

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Pequeno Merlín - Albums

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

A casa da duna é un libro que nace dunha intensa comuñón entre texto e fotografía ao longo dun proceso de elaboración en común entre o escritor Fran Alonso e o fotógrafo Manuel G. Vicente. A casa da duna, desde a forza da imaxe e desde a intensidade da palabra e da historia que se narra, pretende reforzar o álbum ilustrado nese papel de pequena obra de arte que lle é outorgado no ámbito cultural europeo. A casa da duna é tamén un texto fermoso, divertido, que se desenvolve á beira do mar e xoga cos elementos e as palabras relacionadas co mar, contándolles aos nenos, a través da palabra e da linguaxe fotográfica, unha historia apaixonante, misteriosa e engaiolante, dunha excelente calidade literaria. Practicamente por primeira vez e desde Galicia, A casa da duna renova e fai unha aposta pola fotografía como esencia do álbum ilustrado. A protagonista do álbum, Alba, vive na casa da duna co seu gato Bicos. Encántalle deitarse na area para ver as ondas do mar. Un día, enriba dunha onda, chega unha nena descoñecida, pequerrecha como unha boliña, que lle dá un estraño aviso. A casa da duna é, sobre todo, un álbum contemporáneo que emprega a linguaxe visual dos cativos e cativas aos que se dirixe. Un álbum que atrapa.
Cubierta

A casa da luz

Soy un gran lector (12+)

Autor:
DoCampo, Xabier P.

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 12 Anos En Diante

Páginas:
192

Idioma:
Galego

Resumen

Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo de coñecer que impulsa Alicia levará a panda a amigarse con aquel toliño que vivía nunha casoupa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios: saquetiñas de tea que ocultaban xoais, aneis e brincos, moedas de ouro, reloxos de peto… Pero os maiores segredos que Pumariño desvelará a panda seran os seus debuxos, paisaxes marabillososas que ninguén en Eiravella sería quen de imitar e, sobre todo, a entrada á casa da luz, onde se aliñaban unha morea de cadros. Naquela casa da luz, Alicia e os seus amigos poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día, Duarte o pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de pintar. Unha viaxe fantástica que permitirá aos rapaces percorrer o labirinto da torre e coñecer aos homes que perderon as ás. Viaxar dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda, un futuro que só se pode albiscar do outro lado dos cadros. A casa da luz, a última novela de Xabier. P. Docampo, recolle a aventura dunha panda de rapaces e rapazas que entran en contacto co mundo da arte e da memoria da guerra dun tempo pasado. Unha aventura que vai acabar por modificar a súa forma de estar no mundo e que constitúe unha reivindicación, tamén, da beleza e da arte. Os cadros que atravesán os protagonistas, obra de grandes pintores como Dalí, Escher ou Palo Ucello, son recreados no libro polo ilustrador Xosé Cobas, empurrando ao lector xove de forma irresistible cara ao mundo da arte.
Cubierta

A casa de había unha vez

Ya leo solo (8+)

Autor:
Fernández, Ana María

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 7 Anos En Diante

Páginas:
56

Idioma:
Galego

Resumen

¿Quen no coñece aínda o conto do soldadiño de chumbo ou da Carapuchiña vernella? En A casa de había unha vez, Ana María Fernández e o ilustrador Enjamio convídannos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a través duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños, raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas: Ó soldadiño de chumbo dóelle o pé de correr de guerra en guerra ó coxilipé. A princesiña do tupé está co seu zapato de tacón tomando un canapé coas damas no salón. No bosque encantando dos tres regatiños bailaban a polca os sete ananiños. A rata do lindo bigote, meteu os fociños no fondo do pote. O xastre, que era valente, enfadouse de repente e matou dunha patada sete moscas descaradas.Vinteoito poemas que piden ser recitados en voz alta para descubri-la música dos contos de sempre, que ningún neno nin ningunha nena quererán deixar de escoitar.
Cubierta

A casa dos Lucarios

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Moure, Teresa

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Páginas:
104

Idioma:
Galego

Resumen

Rosa e Chicho, cando perderon a súa terceira filla, María Celeste, aparecida morta no seu berce na segunda semana de vida, decidiron instalarse en Ferreira. Alí levantaron unha casa de dúas plantas, coa cociña grande daqueles tempos, pegada á corte, e dous cuartos máis para acubillar á xente miúda, ademais dun faiado fermoso onde gardaren mazas e millo e soños dos que escorregan polas fendas da madeira. Despois, Chicho tiraría coa corte e construiría a taberna, onde cada noite apertaba o fol da súa gaita grileira, e onde tamén Rosa acrecentaba, contra vento e marea, as súas industrias de vendedora de pezas do enxoval. A vida ía manando paseniño, coa correspondente ración de dores e alegrías, como mudaba a casa dos Lucarios. Teresa Moure ofrece nesta novela curta, escrita nunha prosa engaiolante, enchida de humor e sensualidade, a historia dunha familia a través das mudanzas e transformacións realizadas na súa vivenda ao longo de varias décadas. Un texto memorable dunha das nosas grandes escritoras contemporáneas.
Cubierta

A casa máis animada do mundo

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Sáez Cazallas, Cristina

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
160

Idioma:
Galego

Resumen

Esta é a historia da casa encantada que está debaixo do ceo e enriba do mar. Nela viven gatos que foxen do queixo, mouchos que toman o sol, cans que falan, gatos que len, xílgaros fóra da gaiola, tartarugas que andan ás présas, periquitos que escriben e hámsteres que xogan ás agachadas. A casa ten tres andares. No primeiro viven os cans e mais os gatos, que comparten cuarto de baño. No segundo as tartarugas e os hámsteres, que comparten outro cuarto de baño, e no terceiro os xílgaros e os periquitos, que tamén comparten outro cuarto de baño. Os únicos que non comparten aseo son os que dormen na planta baixa, a que está máis preto do mar e máis lonxe do ceo, o rato Honorato, que ten baño propio e o moucho Pancho, que prefire para todo o aire libre. A casa ten na porta da entrada un letreiro que di: «A casa máis animada do mundo».