Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 68 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Do A ao Z con... Cabanillas

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Caride Ogando Ramón

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
60

Idioma:
Galego

Resumen

As palabras esenciais e fondas de Ramón Cabanillas, un dos nosos poetas máis polifacéticos, son testemuñas da historia e dos soños; fálannos dun tempo de mudanzas e de loita pola identidade e polos dereitos básicos. Pero tamén lembran as raíces na aldea e no mar, a paisaxe de Cambados, as lendas artúricas, os grandes temas clásicos, o Alén...
Cubierta

Do A ao Z con... Castelao

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Blanco Concha

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
60

Idioma:
Galego

Resumen

A autora, da man de Castelao, viaxa a través das letras desde Arxentina ata Galicia? Galiza, como el adoitaba chamarlle e onde elixiu descansar para sempre. Como peregrinos, imos reparando devagar nos obxectos, persoas, animais, profesións, sentimentos, interrogantes, valores, pinceladas, espazos? cos que Castelao foi tecendo a súa obra literaria, artística e de compromiso coa terra. Concha Blanco consegue converter este libro nun atraente escaparate que invita os lectores a procurar toda a interesante mercadoría que se garda no seu interior: a vida e a obra de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
Cubierta

Do A ao Z con... Manuel María

Soy un buen lector (10+)

Autor:
García Fernández Xosé Lois

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
60

Idioma:
Galego

Resumen

Un novo libro da serie dedicada aos nosos clásicos, cuxa visión do mundo chega aos lectores máis novos na voz de autores contemporáneos que, co paso do tempo, tamén pasarán a formar parte desa lista de elixidos desa lista de clásicos de lectura imprescindible. Xosé Lois viaxa, a través das letras do noso abecedario, polo universo literario do tamén coñecido como autor da Terra Chá. Un reto importante para Xosé Lois, xa que Manuel María é un dos clásicos máis contemporáneos que tanto os lectores adultos coma os lectores adolescentes tivemos oportunidade de coñecer e de escoitar recitar na súa propia voz.
Cubierta

Do A ao Z con... Neira Vilas

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Canosa María

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
60

Idioma:
Galego

Resumen

Baixo as letras do abecedario, agóchanse as iniciais de vinte e tres palabras que dan título a tantos outros textos. Neles cóntanse historias que nos achegarán á vida e á obra de Xosé Neira Vilas, resumindo algúns dos fitos máis importantes da faceta literaria e biográfica deste escritor pontevedrés. Neira Vilas homenaxeou a súa terra natal traballando a prol dela sen descanso. Estas historias son un pequeno tributo ao seu labor incansable.
Cubierta

Do A ao Z con... Pondal

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Babarro Xoán

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
60

Idioma:
Galego

Resumen

As terras de Bergantiños, Soneira, Xallas e Fisterra proporcionáronlle a Eduardo Pondal un marco físico, salpicado de castros, onde os piñeiros rumorean míticas fazañas dos celtas valorosos e agoiran un futuro prometedor para os galegos. Este abecedario pandaliano propón unha travesía pola estética do poeta do Himno e polo seu universo máxico poboado de lugares e personaxes: Anllóns, Nemiña, Niñóns, Verdes, Mazaricos, Rouriz, Gundar, Margaride...