Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 68 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Mans

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Docampo Xabier P.

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

Os Dereitos de Autor desta obra están destinados integramente a Tierra de hombres, fundación que ten como obxectivos prioritarios os seguintes: - Desenvolver unha estratexia de intervención en saúde materno-infantil. - Protexer a infancia coas medidas axeitadas que lles permitan aos nenos unha supervivencia e un desenvolvemento normal. - Sensibilizar e Educar para o Desenvolvemento. Stop Infancia sen Dereitos pretende ofrecer unha visión completa sobre a situación e as dificultades da infancia no mundo. O nome Tierra de hombres, elixido polo seu fundador Edmond Kaiser está inspirado no libro Terre des hommes do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, autor tamén da obra O principiño. O pensamento do autor na redacción do libro contrapón os excesos políticos e ideolóxicos da moderna sociedade industrial aos valores "eternos" do ser humano, que el cifraba principalmente no espírito de sacrificio, na xustiza, na amizade e no honor. As nosas mans din de nós e do mundo. Hai mans xenerosas e mans avarentas; mans que acarician e mans que ameazan; mans que chaman e mans que condenan. O noso destino está nas nosas mans ou deixámolo nas mans de Deus. Pero as mans tamén voan e aman, e soben e baixan como tamén din e calan. E as mans dos amantes procúranse, achéganse e tócanse. As mans dos máis pequenos érguense cara a nós para pedir o que non acadan como as mans enfraquecidas e feridas dunha grande parte da humanidade sinalan e avergoñan as nosas mans farturentas e delicadas. Mans é un libro nacido dunha idea narrativa feita de imaxes; as do moito que din e calan as mans humanas. Un libro para que, ao pé de cada neno e de cada nena que o vaia ler, haxa un adulto que dialogue con el e que lle axude a inventar novos camiños narrativos para as súas mans.
Cubierta

María

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Corleone María

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é Vivir

Páginas:
36

Idioma:
Galego

Resumen

María soña coa posibilidade de ser independente para saír da casa soa e, tamén, coas cousas que poderá facer cando o consiga. O que máis lle apetece, ademais de ir mercar o pan ou ao parque, é viaxar polo espazo coa súa boneca Laica. Da man desta nena, imos facer unha viaxe galáctica por mundos e seres á súa medida; pero, ademais, tamén nos amosará algo do seu universo interior ou, o que é o mesmo, do que ela garda na súa barriga.
Cubierta

Medusiña e familia

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Uhía Manolo

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

Medusiña naceu moi lonxe, pero as correntes arrastrárona ata as rías galegas onde agora vive coa súa longa familia. Os seus parentes estarán encantados de abrirvos as portas da súa casa e de contarvos a súa orixe e forma de vida. Non esqueceredes nunca o que ides ver e escoitar sobre estes seres tan fermosos que habitan o fondo do mar.
Cubierta

Mentiras

Empiezo a leer (6+)

Autor:
No disponible

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

"Polo mar andan as lebres, polo monte andan as troitas; se che parece mentira, como esta haiche moitas!!. Fantasías resucitadas que, dun xeito lúdico, constitúen un bo método para aprender a diferenza entre realidade e ficción. Moitas destas composicións, como é habitual na literatura de carácter oral, van acompañadas de música.
Cubierta

O botín da miseria

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Braxe Lino

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

Os Dereitos de Autor desta obra están destinados integramente a "Tierra de hombres", fundación que ten como obxectivos prioritarios os seguintes: -Desenvolver unha estratexia de intervención en saúde materno-infantil. -Protexer a infancia coas medidas axeitadas que lles permitan aos nenos unha supervivencia e un desenvolvemento normal. -Sensibilizar e Educar para o Desenvolvemento. "Stop Infancia sen Dereitos" pretende ofrecer unha visión completa sobre a situación e as dificultades da infancia no mundo. O nome "Tierra de hombres", elixido polo seu fundador Edmond Kaiser está inspirado no libro "Terre des hommes" do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, autor tamén da obra "O principiño". O pensamento do autor na redacción do libro contrapón os excesos políticos e ideolóxicos da moderna sociedade industrial aos valores "eternos" do ser humano, que el cifraba principalmente no espírito de sacrificio, na xustiza, na amizade e no honor. Lino Braxe ofrécenos nesta obra unha visión obxectiva e real do mundo no que vivimos caracterizado por fortes contrastes, que veñen marcados polo simple feito de nacer en lugares da terra diferentes. "O botín da miseria", coma se dun espello de dúas caras se tratase, reflicte a "miseria" da infancia do Terceiro Mundo e o "botín" que envolve a do noso Primeiro Mundo.