Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 891 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A aventura sorprendente dun homiño moi valente

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Traxler, Hans

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 6 Anos En Diante

Páginas:
80

Idioma:
Galego

Resumen

A aventura sorprendente dun homiño moi valente é un libro moi especial. Ten un ritmo fascinante, que fai as delicias dos lectores, e resulta tan tolo e disparatado que nos fai rir continuamente. Ademais, é un libro ideado desde unha gran imaxinación, que ás veces bota man das cousas máis absurdas para soprendernos e divertirnos. E conségueo completamente. Trátase dun libro que vai gustar moito aos nenos e nenas. Non só pola orixinalidade desbocada da historia senón tamén polas súas rimas, por veces sen sentido, que enchen o libro de ritmo e de musicalidade e facilitan a súa oralidade. Ademais, as ilustracións tamén resultan moi simpáticas, provocándonos a risa coas súas tolerías e os seus absurdos que, con todo, dentro do libro semellan a cousa máis lóxica do mundo. A aventura sorprendente dun homiño moi valente tamén é un libro estupendo para contar. E tanto pode ser ser contando nunha aula como nunha sesión de contacontos, porque é dos que enganchan o auditorio. Ás veces, as lecturas compartidas son aínda máis divertidas porque as risas se contaxian. Pero, logo, cada unha das nenas e dos nenos que o escoite quererá lelo de novo na súa casa, para volver a gozar das aventuras do homiño valente.
Cubierta

A casa abandonada

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Heinze, Ursula

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante

Páginas:
128

Idioma:
Galego

Resumen

Olalla é unha regular estudiante de final do 2º ciclo de primaria. O feito de suspender un exame obriga á protagonista a cumpri-la “penitencia” de atravesa-lo soto da casa abandonada, envolta na escuridade e polo medio da auga. O achado dun óso desencadea a aventura secreta de toda a panda. Polo medio, diferentes situacións que amosan as relacións coas persoas adultas, a amizade, as mancaduras, as vacacións, a escola, as trasnadas, os agasallos de Nadal, etc. O desenlace feliz, co descubrimento no soto da casa dunha tumba enigmática e dunha bolsiña de coiro con sete aneis de ouro. Unha casa abandonada, da que morreron tódolos seus moradores hai moito tempo, e unha panda de rapaces e rapazas son os ingredientes deste libro de aventuras, que obtivo o Premio Merlín an súa primeira edición no ano 1986.
Cubierta

A casa da luz

Soy un gran lector (12+)

Autor:
DoCampo, Xabier P.

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 12 Anos En Diante

Páginas:
192

Idioma:
Galego

Resumen

Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo de coñecer que impulsa Alicia levará a panda a amigarse con aquel toliño que vivía nunha casoupa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios: saquetiñas de tea que ocultaban xoais, aneis e brincos, moedas de ouro, reloxos de peto… Pero os maiores segredos que Pumariño desvelará a panda seran os seus debuxos, paisaxes marabillososas que ninguén en Eiravella sería quen de imitar e, sobre todo, a entrada á casa da luz, onde se aliñaban unha morea de cadros. Naquela casa da luz, Alicia e os seus amigos poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día, Duarte o pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de pintar. Unha viaxe fantástica que permitirá aos rapaces percorrer o labirinto da torre e coñecer aos homes que perderon as ás. Viaxar dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda, un futuro que só se pode albiscar do outro lado dos cadros. A casa da luz, a última novela de Xabier. P. Docampo, recolle a aventura dunha panda de rapaces e rapazas que entran en contacto co mundo da arte e da memoria da guerra dun tempo pasado. Unha aventura que vai acabar por modificar a súa forma de estar no mundo e que constitúe unha reivindicación, tamén, da beleza e da arte. Os cadros que atravesán os protagonistas, obra de grandes pintores como Dalí, Escher ou Palo Ucello, son recreados no libro polo ilustrador Xosé Cobas, empurrando ao lector xove de forma irresistible cara ao mundo da arte.
Cubierta

A casa de había unha vez

Ya leo solo (8+)

Autor:
Fernández, Ana María

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 7 Anos En Diante

Páginas:
56

Idioma:
Galego

Resumen

¿Quen no coñece aínda o conto do soldadiño de chumbo ou da Carapuchiña vernella? En A casa de había unha vez, Ana María Fernández e o ilustrador Enjamio convídannos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a través duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños, raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas: Ó soldadiño de chumbo dóelle o pé de correr de guerra en guerra ó coxilipé. A princesiña do tupé está co seu zapato de tacón tomando un canapé coas damas no salón. No bosque encantando dos tres regatiños bailaban a polca os sete ananiños. A rata do lindo bigote, meteu os fociños no fondo do pote. O xastre, que era valente, enfadouse de repente e matou dunha patada sete moscas descaradas.Vinteoito poemas que piden ser recitados en voz alta para descubri-la música dos contos de sempre, que ningún neno nin ningunha nena quererán deixar de escoitar.
Cubierta

A chave da Atlántida

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Fariña, Anxo

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante

Páginas:
152

Idioma:
Galego

Resumen

Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas Cíes. A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas, na que se somete a indagación dos lectores e lectoras novos un dos tópicos da mitoloxía clásica.