Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 891 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A malvada María Xosé

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Vázquez Freire, Miguel

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante

Páginas:
216

Idioma:
Galego

Resumen

María Xosé é unha rapaza de catorce anos que vive na Coruña e estudia nun instituto da cidade. Pesa uns cantos quilos de máis e é moi intelixente. Na súa mesma clase está Viri, outra rapaza da mesma idade, moi afeccionada ás novelas de pandas. Viri monta unha panda, xunto con varios nenos e outras dúas rapazas da clase. María Xosé decide gastarlles unha broma que acabe, dunha vez por todas, coas ganas de aventura que teñen. Failles chegar unha mensaxe anónima que os invita a entrar nun asunto misterioso. Para lle dar máis veracidade ó asunto, únese ós da panda cando estes comezan a investiga-la pista, que empeza nunha casa abandonada. A partir de aquí iníciase unha complexa aventura cun asunto de espionaxe de sistemas informátícos como pano de fondo, onde se suceden tiroteos, carreiras e sustos a esgalla. Toda a historia culmina nas ruínas do Pasatempo, o fermoso monumento de Betanzos, coa oportuna intervención da policía, xusto cando os da panda estaban máis apurados, poñendo así fin a un asunto que, a partir dunha broma de rapaces, rematara por se converter en algo de vital importancia para a orde estratéxíca mundial.
Cubierta

A marabillosa medicina de George

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Dahl, Roald

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 9 Anos En Diante

Páginas:
144

Idioma:
Galego

Resumen

A avoa de George ten unhas cousas un pouco raras. A verdade é que non é unha persoa moi agradable. Cre que as eirugas e as lesmas son deliciosas e o que máis lle gusta son os escaravellos ben renxentes. Nada do que fai George está ben feito a ollos da avoa, de xeito que cando é hora de que ela tome a súa medicina, George decide darlle unha dose da que ele mesmo preparou, unha beberaxe dunha chea de produtos que foi intducindo na pota como mellor lle pareceu.A medicina máxica que preparou George, primeiro, fá medrar a avoa desmesuradamente, logo empequenecela e, por último, facela desaparecer. “A marabillosa medicina de George” é un dos máis coñecidos e divertidos libros de Rold Dahl. Desbordante de fantasía e humor demostra que a maxia pode ser combatida só con maxia. Un clásico da literatura infantil do século XX, ilustrado por Quentin Blake e traducida ao galego por Moisés R. Barcia.
Cubierta

A merla de trapo

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Cortizas, Antón

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante

Páginas:
176

Idioma:
Galego

Resumen

A merla de trapo, a obra de Antón Cortizas gañadora do Premio Merlín 2001, é unha historia de fadas pero que non ten fadas. A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba para os seus veciños, Antonia traballaba na súa casa da rúa das Pétalas, onde unha mañá pousou, na varanda da xanela, un merlo de ferro, un paxariño que tiña no peteiro un estorbo que lle impedía cantar. Antonia conseguiu que aquel merlo marabilloso, posuidor dun peteiro escintilante e dourado feito de raios de sol ben apertadiños, volvese cantar; retirándolle aquela xelatina de silencio, aquel cachiño de lúa que lle quedara pegado no peteiro. Ao cabo dun tempo, a costureira observou que o merlo cantaba cada vez durante menos tempo; mesmo un día apareceu cunha pequena póla de sen-ninguén, esa herba solitaria coa que o paxaro lle quería comunicar que estaba triste e se atopa só. A costureiriña, conmovida, decidiu proporcionarlle unha compañeira, ganduxar unha merla de trapo que o acompañase. Traballadora como era, cortou dúas siluetas iguais sobre un lenzo branco, encheunas de guata, coseunas con frío branco, forrounas con retallos de anoitecida, empregando os fíos que lle arrincara ás noites de lúa: a merla de trapo e o merlo de ferro axiña namoraron e comezaron a construír un niño de luz e sombra. A Antonia a maxia quedáralle pousada nos dedos, os tres paxaros de cores do grandioso carballo aprendéranlle a ler, quedara invericada, moi invericada. E así, os efectos do seu quefacer eran imprevistos: os botóns que poñía nas blusas permitían saber a hora exacta que era, por que o temo quedara prendido nos ollas dos botóns, ou era quen de coser música sobre a chaqueta de maón do seu amado ferreiro. En A merla de trapo desfilan tamén outros contos de maxia, como o rei de moi mal carácter e ansias desmedidas de poder, con múltiples serventes, pero que non posuía esa capacidade humana de soñar.
Cubierta

A negrura do mar

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Caride, Ramón

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante

Páginas:
168

Idioma:
Galego

Resumen

O presente volume inclúe unha novela (“A negrura do mar”) e dous relatos longos (O misterio do Prión” e “A primeira aventura”) que constitúen unha nova entrega das aventuras de Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, os personaxes creados por Ramón Caride en “Perigo vexetal”, que tiveron novas entregas na colección Merlín, “Ameaza na Antártida” e “O futuro roubado”. Said e Sheila, os dous irmáns ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor, relatan n’ “A negrura do mar” a viaxe que emprenderon no outono do ano 2076 ao Océano Atlántico con motivo dunha alarma medioambiental provocada pola aparición de manchas de hidrocarburos detectadas nalgúns coídos e praias situadas entre Cabo Fisterra e as illas Sisargas. Na enseada do Cuño e na vila de Covelo atoparán indicios da existencia dunha posible marea negra que os remontará, por medio dunhas cartas que lles proporciona unha velliña, aos acontecementos sucedidos no afastado outono de 2002 cando naquelas mesmas costas naufragou o petroleiro Prestige provocando a maior negrura do mar coñecida na Costa da Morte. N’ “O misterio do Prión”, os investigadores mozos contan o que lles sucedeu aló polo 2074 cando acometeron a súa primeira intervención en asuntos biotecnolóxicos. Souberon que na granxa de avestruces dos pais do seu amigo Brais comezaran a pasar cousas nunca vistas: algúns animais presentaban un comportamento extraño que será obxecto das súas pesquisas e que os obrigará a remontarse na procura da orixe da síndrome de EEB (Encefalopatía Esponxiforme Bovina) que afectara as vacas, que dían tolas, ao comezo do século XX. Por último, completa estes “Arquivos de Sheila e Said”, ilustrados como nas entregas anteriores por Miguelanxo Prado, a narración da primeira aventura dos irmáns de Loreda, dando conta dos seus primeiros anos de vida na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan.
Cubierta

A nena de auga e o príncipe de lume

Ya leo solo (8+)

Autor:
DoCampo, Xabier P.

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 7 Anos En Diante

Páginas:
72

Idioma:
Galego

Resumen

¿Como se fai un conto? Primeiro tes que ter a quen llo contar e, logo inventalo. ¿Ti cres que coa auga e o lume pode facerse un conto? Proba a ver se es capaz. Verás que non é tan fácil xuntar a auga e o lume. Esta nova edición de A nena de auga e o príncipe de lume,integramente correxida polo autor ofrece dous contos inéditos e presenta finais adicionais en cada un deles. Así mesmo, todas as ilustracións foron realizadas de novo para esta edición.