Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 891 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A noite das cabras do aire

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Iglesias Arauxo, Bieito

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 13 Anos En Diante

Páginas:
72

Idioma:
Galego

Resumen

Chisco, un rapaz amigo dos telefilmes e de xogar ó futbolín nos bares, colle o coche de liña para acudir á Casa do Páramo, onde vai pasar uns días cos parentes montañeses. Da cidade ás serras hai escasas decenas de quilómetros, pero media unta distancia de eóns de tempo. Moran alí, hivernados nas covas e florestas do país traseiro, seres medoños que agardan desde as idades escuras o momento de micar o vigor do sangue e o pulso da vida. Esperan a que os convoque a imprudencia e a ambición humana para saciar os seus apetitos horrísonos. Con estas potencias do abismo debe lidar o noso heroe.
Cubierta

A pantasma da torre

Ya leo solo (8+)

Autor:
Maceiras, Lourdes

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 7 Anos En Diante

Páginas:
40

Idioma:
Galego

Resumen

Mariña e os seus amigos queren saber se é verdade que hai pantasmas no campanario da igrexa da súa vila, pero todos teñen moito medo e non se atreven a intentalo. Unha noite por fin, achéganse ata o lugar. E será a nena quen suba as escaleiras da torre, sen saber que no máis alto lle agarda unha sorpresa inesperada. A pantasma da torre é unha divertida novela de pandas, narrada cun enfoque onde se alternan o medo e o humor. Un canto á amizade, que nos lembra que a aventura tamén pode aparecer entre os feitos sinxelos da vida cotiá.
Cubierta

A pedra e as formigas

Ya leo solo (8+)

Autor:
Fernández Serrano, Jacobo

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 7 Anos En Diante

Páginas:
64

Idioma:
Galego

Resumen

Dúas formigas, que paseaban polo campo preto dun escuro bosque, viron na espesura unha pedra grande tapizada de carriza e decidiron descansar ao seu carón para merendar. De súpeto unha afinada voz de muller nova comezou a cantar ás súas costas. Non había dúbida ningunha, a voz viña da pedra. Quen se agocharía alí? A pedra e as formigas é un libro, dixirixido a lectores avanzados de sete anos en diante, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano. Unha divertida fábula de animais sobre a amizade, onde as cancións e adiviñas teñen un papel destacado para desvelar a intriga que se lle propón aos lectores.
Cubierta

A praia da esperanza

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Fernández Paz, Agustín

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 9 Anos En Diante

Páginas:
104

Idioma:
Galego

Resumen

Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían era que o afondimento do petroleiro Prestige e a marea que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas. A praia da esperanza é unha narración escrita durante os meses en que Galicia viviu a catástrofe do Prestige. A fantasía e a realidade mestúranse no relato e acaban por confluír nunha crónica da intensa resposta social que se produciu aquel inverno.
Cubierta

A princesa Lúa e o enigma de Kian

Soy un gran lector (12+)

Autor:
González Boullosa, Palmira

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante

Páginas:
104

Idioma:
Galego

Resumen

A historia que se nos conta neste libro desenvólvese nunha Galicia mítica e comeza presentándonos ó reí Artús, que ten o seu fogar preto da lagoa de Antela. Anda sempre en batallas, polo que a raíña enferma de tristura. Como os médicos din que só a salvará " o amor máis grande do mundo " , deciden ter unha filla, á que lle poñen o nome de Lúa. Pero a raíña morre, e a princesa queda ó coidado da dama Rovena, unha muller da corte, viúva dun famoso guerreiro, e a quen as fadas da lagoa de Antela lle roubaran anos atrás o seu fillo Brandón. Kian, un bardo, dille un estraño enigma, no que se fala dunha lúa que liberará ó seu fillo Brandón. E dama Rovena vai educando á princesa cuns criterios " diferentes " ós tradicionais, fuxindo da formación que se lle adoitaba dar ás nenas. Cando Lúa cumpre os trece anos, tenta resolve-lo enigma do bardo Kian. Decátase de que ela é a " lúa " da que se fala no raro enigma, de maneira que terá que levar a cabo tódalas probas que nel se din, se quere liberar ó mozo Brandón, do que está secretamente namorada, incluso sen coñecelo. A princesa Lúa emprende a viaxe e vai pasando por numerosas aventuras, nas que ten que resolve-los máis difíciles atrancos. Pero a rapaza acaba por chegar á lagoa, vence-lo poder das fadas e destruí-lo maleficio que mantiña preso ó seu namorado, liberando así ó mozo Brandón, co que finalmente casa.