Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 891 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A princesa Sabela

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Funke, Cornelia

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 4 Anos En Diante

Páginas:
32

Idioma:
Galego

Resumen

Que aburrido é ser unha princesa! Sabela está farta de que llo dean todo feio, de ter que sorrir decote e vestir roupas bonitas e súper limpas. Ela quere poder subir ás árbores, meter o dedo no nariz, vestirse e peitearse soa… Unha mañá, cansa de ser unha princesa, decide guindar a súa coroa ao estanque dos peixes. O rei, como castigo, ordena que Sabela traballe na cociña de palacio e no cortello dos porcos. Que divertido! Nunca fora tan feliz!
Cubierta

A profesora Ripaldi

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Alcañiz, María

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 9 Anos En Diante

Páginas:
80

Idioma:
Galego

Resumen

Sarita Palodi é unha científica de recoñecido prestixio mundial. A ciencia é a súa vida e dedícase a ela sen descanso. A profesora Sarita Palodi é a cabeza dos laboratorios Prodi, unha empresa que tivo como últimos descubrimentos a tinta ortográfica, que fai que quen a utilice automaticamente non cometa faltas de ortografía, ou o paragugas autoclimático, un magnífico regulador do tempo, ou da peixeira con simulador de océanos… Un día, nos laboratorios prodúcese unha tremenda explosión e dende aquela non se soubo máis nada da profesora Palodi. Mais, quen é a profesora Ripaldi? A profesora Ripaldi, escrito e ilustrado por María Alcañiz, é unha brillantísima novela do xénero fantástico que supón o debut da súa autora. Foi a obra finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2008.
Cubierta

A rienda suelta

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Savater, Fernando

Editorial:
Alfaguara

Colección:
Serie Naranja. A partir de 10 años

Páginas:
112

Idioma:
Castellano

Resumen

Nubelejos del Mar no es un pueblo corriente. A sus habitantes no les interesan las cuestiones políticas, pero sí los caballos y las carreras. Un día, algo oscuro y amenazador viene a romper tan "hípica" calma.
Cubierta

A Torre das Lavercas

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Ameixeiro, Daniel

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante

Páginas:
208

Idioma:
Galego

Resumen

A Torre das Lavercas era unha casa cunha cheminea moi grande e papá puxéralle ese nome porque había moitos niños de lavercas nos arredores. Eu tiña seis anos cando marcharamos dela, e dende aquela xa cambiaramos de casa outra vez máis. Agora estábamos a recoller as cousas para outro novo cambio, iamos a outro barrio da cidade. Xa na nova casa, o meu pensamento aquela primeira noite ía unha e outra vez á Torre das Lavercas; necesitaba volver, era coma se nela houbese algo importante para min. Ao final meu pai levoume ata a Torre. O meu cuarto seguía igual, pero algo xurdiu en min, supoño que había dores que levaba moi dentro e que necesitaba botar fóra, e comecei a chorar. Foi entón cando escoitei aquela voz: —Por favor, non chores. Un calafrío percorreu o meu corpo.
Cubierta

A vida encaixa

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Eugène

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 12 Anos En Diante

Páginas:
104

Idioma:
Galego

Resumen

Se os adultos respondesen a todos os interrogantes dos nenos, que sucedería?... Unha mañá o pai de Sachinka levanta o dedo maimiño para pedirlle un café a súa muller. A súa filla pregúntalle por que fixo ese xesto, e el non sabe contestar. Sachinka insiste, pois quere respostas sinxelas para as súas preguntas e non parará ata conseguilo. Dende a súa pregunta, suspendida no aire, Sachinka expresa o seu interese de comprender o mundo, o seu afán por arpender e buscar solucións ante a adversidade. A vida encaixa, do escritor romanés Eugène, é unha novela xuvenil na que se abordan temas como a solidariedade, a sociedade de consumo, a curiosidade infantil, a inocencia, o espírito crítico e a análise e a procura da propia identidade.