Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: 947 libros

0+

A Berta ocórrenlle as cousas mais incribles. O caso é que pertence a unha familia normal, vai ao colexio, celebra o Nadal, gústalle o chocolate, cáelle o primeiro dente… coma a calquera nena da súa idade. Sen embargo, hai algo nela que fai que todo sexa máis complicado, pero tamén máis divertido. A Berta non lle importaban un carrizo as aparencias. ¿Que importancia tiña para ela estar guapa comparado coa pasta e as lambetadas que podería comprar co que lle deixaría o rato Pérez? Se no mundo había unha cousa que Berta non podía soportar era non saber algo, e iso, moitas veces, vaile traer consecuencias imprevistas para ela. Berta era unha grande amante das regras sempre e cando se aplicasen a outras persoas, nunca sentía que se referisen a ela, e iso era outro problema ao que tiña que facer fronte coas súas mañas. Berta odiaba estar en segundo plano: se xogaba ás médicas, ela tiña que ser sempre a médica e abrir a Luci-a-veciña pola metade, e se xogaban a meigas e fadas, ela tiña que ser a meiga, porque era moito máis divertido ser malísima que sempre tan boa. A Berta encantáballe estar enriba do escenario con centos de persoas mirándoa: era ese tipo de actiz que vivía o seu papel ata ser capaz de variar o texto do mellor libreto… Berta non gustaba de xogar con monecas, só unha vez metérase nun grave conflicto por enterrar unha da súa irmá maior, Hilaria. As cousas de Berta, o libro do escritor inglés Roger Collinson, ilustrado nesta edición por Antonia Santolaya, é unha divertidísima novela. Protagonizada por esa nena rebelde e bastante fedello, amosa como os rapaces e rapazas vanse sentindo donos dos seus actos, vanse facendo máis independentes. Collinson demostra neste libro desternillante que a vida dos nenos e das nenas pode ser divertida, malia ter que obedecer os maiores, pero tamén que hai que aprender a responsabilizarse dos propios actos e sufrir as consecuencias dalgunhas trasnadas.

As cousas de Berta

Collinson, Roger

136Ver
8+