Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: 947 libros

Gianni Rodari escribiu esta obra hai cincuenta anos. Unha novela que constitúe unha grande homenaxe á “Comedia da Arte” e ós seus personaxes característicos os amos e os criados ou bufóns. Bufóns, pobres de todo, pero a cal máis pícaro, entre os que destacan: Arlequín, que vendería os calzóns feitos de distintos farrapos de macarróns, o máis raposeiro dos bufóns; Polichinela, o napolitano que ten máis de ladroeiro ca de criado, que loce unha xoroba diante e outra detrás; Colombina, a máis simpática e presumida do grupo, que sempre vai o seu e coquetea con calquera con tal de conseguir o que quere. Entre os amos, que mangonean moito e perden sempre, figuran personaxes como Pantalón, o vello avarento de Venecia, moi agarrado e de longuísima capa negra; o Doutor, o médico que non sabe de medicina; ou omedoso Capitán. Nesta divertidísima novela de Rodari, unha gondola fantasma, que navega sen gondoleiro polas canles venecianas, provoca secuestros, enganos, persecucións e abordaxes entre piratas, mercadores e personaxes da Comedia da Arte; todos buscan o fillo do Califa de Bagdad. ¿Quen viaxará nesa góndola misteriosa? Como sucede en toda a Comedia da Arte aquí os personaxes teñen moita máis importancia có argumento, xa que son os propios personaxes os que dan pé ó argumento. En “A góndola fantasma”, esta historia veneciana de Rodari, o lector asistirá as pelexas entre amos e criados, entre vellos emozos, entre poderosos e míseros, entre sabios e burros, e, neste caso tamén, entre mouros e cristiáns.

A góndola fantasma

Rodari, Gianni

128Ver
10+

A merla de trapo, a obra de Antón Cortizas gañadora do Premio Merlín 2001, é unha historia de fadas pero que non ten fadas. A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba para os seus veciños, Antonia traballaba na súa casa da rúa das Pétalas, onde unha mañá pousou, na varanda da xanela, un merlo de ferro, un paxariño que tiña no peteiro un estorbo que lle impedía cantar. Antonia conseguiu que aquel merlo marabilloso, posuidor dun peteiro escintilante e dourado feito de raios de sol ben apertadiños, volvese cantar; retirándolle aquela xelatina de silencio, aquel cachiño de lúa que lle quedara pegado no peteiro. Ao cabo dun tempo, a costureira observou que o merlo cantaba cada vez durante menos tempo; mesmo un día apareceu cunha pequena póla de sen-ninguén, esa herba solitaria coa que o paxaro lle quería comunicar que estaba triste e se atopa só. A costureiriña, conmovida, decidiu proporcionarlle unha compañeira, ganduxar unha merla de trapo que o acompañase. Traballadora como era, cortou dúas siluetas iguais sobre un lenzo branco, encheunas de guata, coseunas con frío branco, forrounas con retallos de anoitecida, empregando os fíos que lle arrincara ás noites de lúa: a merla de trapo e o merlo de ferro axiña namoraron e comezaron a construír un niño de luz e sombra. A Antonia a maxia quedáralle pousada nos dedos, os tres paxaros de cores do grandioso carballo aprendéranlle a ler, quedara invericada, moi invericada. E así, os efectos do seu quefacer eran imprevistos: os botóns que poñía nas blusas permitían saber a hora exacta que era, por que o temo quedara prendido nos ollas dos botóns, ou era quen de coser música sobre a chaqueta de maón do seu amado ferreiro. En A merla de trapo desfilan tamén outros contos de maxia, como o rei de moi mal carácter e ansias desmedidas de poder, con múltiples serventes, pero que non posuía esa capacidade humana de soñar.

A merla de trapo

Cortizas, Antón

176Ver
12+

O presente volume inclúe unha novela (“A negrura do mar”) e dous relatos longos (O misterio do Prión” e “A primeira aventura”) que constitúen unha nova entrega das aventuras de Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, os personaxes creados por Ramón Caride en “Perigo vexetal”, que tiveron novas entregas na colección Merlín, “Ameaza na Antártida” e “O futuro roubado”. Said e Sheila, os dous irmáns ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor, relatan n' “A negrura do mar” a viaxe que emprenderon no outono do ano 2076 ao Océano Atlántico con motivo dunha alarma medioambiental provocada pola aparición de manchas de hidrocarburos detectadas nalgúns coídos e praias situadas entre Cabo Fisterra e as illas Sisargas. Na enseada do Cuño e na vila de Covelo atoparán indicios da existencia dunha posible marea negra que os remontará, por medio dunhas cartas que lles proporciona unha velliña, aos acontecementos sucedidos no afastado outono de 2002 cando naquelas mesmas costas naufragou o petroleiro Prestige provocando a maior negrura do mar coñecida na Costa da Morte. N' “O misterio do Prión”, os investigadores mozos contan o que lles sucedeu aló polo 2074 cando acometeron a súa primeira intervención en asuntos biotecnolóxicos. Souberon que na granxa de avestruces dos pais do seu amigo Brais comezaran a pasar cousas nunca vistas: algúns animais presentaban un comportamento extraño que será obxecto das súas pesquisas e que os obrigará a remontarse na procura da orixe da síndrome de EEB (Encefalopatía Esponxiforme Bovina) que afectara as vacas, que dían tolas, ao comezo do século XX. Por último, completa estes “Arquivos de Sheila e Said”, ilustrados como nas entregas anteriores por Miguelanxo Prado, a narración da primeira aventura dos irmáns de Loreda, dando conta dos seus primeiros anos de vida na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan.

A negrura do mar

Caride, Ramón

168Ver
12+