Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 204 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Os transportes

Leo con mis padres (3+)

Autor:
López Pastor, Jesús

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
No disponible

Idioma:
Galego

Resumen

Mentres les este libro poderás completar a escena de cada páxina cun divertido quebracabezas de 12 pezas en forma de cubo. Hai até 6 diferentes para facer coa axuda dunha pequena adiviña. Ven de viaxe en coche, en tren ou en tractor, voa en avión ou suca o mar cun barco e aprende o teu primeiro vocabulario sobre os transportes.
Cubierta

Pintor por Italia

Autor:
Correa Corredoira, Xabier

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Arte e escrita

Páginas:
144

Idioma:
Galego

Resumen

Pintor por Italia é un diario resultado de dúas viaxes realizadas por Correa Corredoira e que nos transmite visións distintas para achegarnos a mesma identidade, Italia, desde dous estados de ánimo que marcan perfectamente o percorrido realizado dunha forma libre e aberta para deixarse atrapar pola súa arte, polas súas xentes, pola súa gastronomía, en definitiva, por unha cultura mediterránea que non nos é allea nin sequera tan diferente vista a través dos ollos dun singular representante deste finis terrae que nos caracteriza e define como pobo atlántico. Correa Corredoira achéganos Italia desde dúas perspectivas: a escrita, máis inesperada nun artista plástico, a través duns textos ben traballados e que, en ocasións, se transforman en auténticas visións e presentacións poéticas, e a plástica, na que se recoñece máis o singular viaxeiro, e a través da cal nos dá a coñecer e propón un (re)coñecemento da arte que mana por todas as rúas e cidades desa Italia, que no seu lapis e pincel, se nos transforma nunha máxica visión de cores. Con todo, Pintor por Italia é máis que un diario de viaxes e un catálogo de imaxes, é a simple –coa súa dificultade– mostra da personalidade dun dos máximos representantes da expresión plástica galega actual, e que agora se nos descobre tamén como un magnífico escritor.
Cubierta

Deter o día cunha flor

Autor:
Pozo, Luz;Valentín, José

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Arte e escrita

Páginas:
104

Idioma:
Galego

Resumen

"Non existe a arte, só os artistas". Se así o aceptamos, podería explicarse a afinidade, a irmandade, entre dúas formas de expresión, imaxe e palabra, que se complementan. Antiga é a relación. Xa Simónides de Ceos sostiña que "a poesía é unha pintura falada, e a pintura unha poesía muda". Luz Pozo e José Valentín seguen unha tradición ben nosa: houbo épocas nas que non se concebía a edición dun libro galego sen as correspondentes ilustracións: de Colmeiro, Seoane, Laxeiro, Xohan Ledo... Relación constantemente renovada, a da pintura e a poesía, que volvemos atopar nesta obra, síntese fecunda de dúas achegas a un todo harmónico. Deter o día cunha flor, este é o título, enunciado-propósito, do libro de Luz Pozo Garza e José Valentín; Luz Pozo, unha das nosas máis grandes poetas; José Valentín, revelación serodia, pero a tempo, dun artista moito máis importante do que a súa modestia lle permite aceptar. Luz e José, dous creadores cun enfoque común de interacción e apoio.
Cubierta

Miguell Strogoff

Autor:
Verne, Jules

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Narrativa

Páginas:
384

Idioma:
Galego

Resumen

Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares. Recuperación dun clásico da literatura universal para que os lectores e lectoras máis novos gocen coa xeografía de Rusia e Siberia e vivan en tensión as aventuras e desventuras do heroe. Ambientada na época tsarista do imperio ruso da segunda metade do século XIX, a novela narra as aventuras do correo do tsar Miguel Strogoff, que deberá percorrer unha distancia de 5.500 km desde Moscova a Irkutsk, capital da Siberia oriental, superando unha chea de obstáculos naturais case insuperábeis e o brutal exército tártaro dirixido polo traidor ao tsar, o militar ruso Ivan Ogareff, para entregar ao Gran Duque unha mensaxe secreta que o soberano lle confiara. Suportando todo o tipo de dificuldades e de obstáculos, sometido a humillacións e mesmo tortura durante ese longo percorrido polo enigmático e perigoso interior do continente asiático, Strogoff, convertido nun auténtico heroe, xorde como un modelo de perfección e virtude, forte e coraxudo, a quen nada nin ninguén consegue deter no cumprimento da súa misión.
Cubierta

Gramática práctica da lingua galega

Autor:
Lourenço Módia, Cilha;López Viñas, Xoán;Moreda Leirado, Marisa

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Manuais de galego e dicionarios

Páginas:
548

Idioma:
Galego

Resumen

2ª Edición corrixida A Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e Expresión destínase a todas aquelas persoas que desexen ampliar, consolidar e sistematizar o seu coñecemento explícito do galego e resolver dúbidas de tipo teórico-práctico a nivel oral e escrito. Está concibida como un manual de apoio para as aulas, se ben pode utilizarse como un instrumento de autoformación. Trátase dunha guía que ofrece unha visión xeral das disciplinas lingüísticas tradicionais (“Fonética e Fonoloxía”, “Morfoloxía”, “Sintaxe”, “Semántica”), e, alén diso, fornece información de tipo comunicativo (“Comunicación e Linguaxe”, “Lingüística Textual”) que axuda a entender o feito lingüístico no seu conxunto desde unha perspectiva integradora. Así, inclúe aspectos que, en xeral, están ausentes das gramáticas, como a relación entre lingua e sociedade (“Lingua, comunidade lingüística, variación e mudanza”), a vehicularización da oralidade a través da escrita (“Representación gráfica da lingua oral”) ou as tipoloxías textuais.