Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 204 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Un mosquito de nome Henri

Autor:
Dans, Raúl

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Barriga Verde

Páginas:
84

Idioma:
Galego

Resumen

Obra gañadora do X Premio Barriga Verde (modalidade infantil), editada m coedición coa AGADIC. Henri quere ser piloto de aviación, mais ten un pequeno problema: é miope. Un mosquito de nome Henri é unha historia de superación e de aprendizaxe na que o mosquito Henri, en compaña da súa inseparable amiga Olivia, levantará o voo nunha aventura chea de piruetas e picados mortais rumbo ao seu destino: ser un heroe. E para iso vaise ter que enfrontar á malvada avespa Roque. Unha libélula cantante de jazz, unha araña pianista, un moscón excampión dos pesos pesados… E moitos personaxes máis nunha historia para que os cativos leven os seus pais ao teatro e xuntos gocen cun relato de iniciación aos desafíos que a vida nos reserva a todos nós. Mesmo se es un mosquito.
Cubierta

Auga que non vas beber...

Autor:
Vilariño, Inacio

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Barriga Verde

Páginas:
60

Idioma:
Galego

Resumen

VII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques. Modalidade adultos. Con Auga que non vas beber..., Inacio Vilariño transpórtanos de forma divertida e con fino humor ao terreiro de aventuras e desventuras amorosas entre Xosé e Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada. Entre os varios xogos de mañas e malicias, construídos polo padre, é notorio, da lectura do texto, que son moitas as referencias que remiten ao universo das tradicións populares portuguesas e galegas e que forman parte tamén das influencias das tradicións populares que compoñen o universo panhispánico do xénero. ... Inacio Vilariño, fai do acervo material da tradición oral, con raíces comúns, nunha oportuna colaxe dalgúns exemplos populares de antano aos nosos días, demostrando unha clara intención de rescatar todos eses materiais -que pola súa perennidade corren sempre o risco de caer no esquecemento- e aplicalos nun texto cheo de fulgor e vivacidade. Se ben é certo que algúns destes exemplos da tradición oral estiveron máis presentes na nosa memoria colectiva en épocas remotas, Auga que non vas beber... cumpre esa difícil e ardua tarefa de avivar o coñecemnto sobre o noso pasado, e que forma parte da identidade dos pobos, permitindo así a súa difusión na actualidade, a través dunha linguaxe capaz de abarcar diferentes idades e contribuíndo de forma clara á súa dinamización co público. Á marxe do VII Premio Barriga Verde que este texto conseguiu, non son as palabras ás que poden facer o mellor eloxio a este arguemnto mais si a súa representación. Só así, gañando vida as personaxes e as súas accións, poderemos facer xustiza á arte e enxeño de Inacio Vilariño. Prólogo de Paulo Moreiras (escritor portugués)
Cubierta

O soñador

Autor:
Castilla, Gabriel

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Barriga Verde

Páginas:
80

Idioma:
Galego

Resumen

O soñador, do director artístico e dramaturgo arxentino Gabriel Castilla, gañadora do I Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques 2003 organizado polo IGAEM, defínese como “peza de teatro de sombras ou monicreques de luva ou figuras planas ou...”, e, na súa unidade, mostra doce historias marcadas pola ironía, en ocasións, e a poesía e a melancolía, noutras, que nos invitan, moi intelixentemente, a deixar que a nosa imaxinación, como un soño, camiñe no medio da escuridade como un personaxe máis. Evocadora, e toda unha imaxe do que podemos encontrar nesta peza dramática, a capa deseñada por Xosé Tomás.
Cubierta

Misterio en Guernica

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Fernández Castro, Xosé Manuel

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Barriga Verde

Páginas:
64

Idioma:
Galego

Resumen

GGañadora do III Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques 2005 Obra gañadora do III Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques 2005 organizado polo IGAEM, definida como “Epifanía entre viacrucis e tableau vivant”, é unha peza, na que, inicialmente, oito personaxes, tanto animais como humanos, aparentemente descoñecidos, van realizando unha viaxe para atopar mellor destino, fuxindo dun país que iniciaba a súa longa noite de pedra, e que a cada etapa se nos van facendo máis próximos até converterse, coa chegada dun neno sorprendentemente precoz e falangueiro, nos tráxicos protagonistas dun episodio de guerra inmortalizado na nosa memoria colectiva. Obra escrita por Xosé Manuel Fernández Castro e ilustración da capa por Xosé Tomás.
Cubierta

O punto da escarola

Autor:
Neira Cruz, Xosé A.

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Barriga Verde

Páginas:
52

Idioma:
Galego

Resumen

Gañadora do VI Premio Internacional Barriga Verde de textos para teatro de monicreques 2008 (modalidade infantil) Non se coñece con certeza o momento en que foi composta e representada por primeira e única vez O punto da escarola, titiriópera ideada polo Mestre Choupin, músico de escasa pero prometedora proxección ao cal a súa ousadía lle custou a carreira en cernes. É o que ten meterse co poder establecido en tempos de pouca democracia: córrese o risco de perder a cabeza. Aínda que se tiñan noticias da existencia desta peza, críase desaparecido calquera vestixio dela. Soamente en data recente as arduas investigacións do musicólogo Davi Zinho Cempés remataron co inesperado achado dun libreto anónimo encadernado dentro dunha revista de calceta. Tan inofensivo envoltorio estaba a preservar para a posterioridade o único exemplar que se coñeza desta titiriópera mordaz, absurda, acumulativa e deseñada contra calquera poder establecido porque si. Como editores desta reliquia histórica, é un pracer para nós poñela á disposición das lectoras e dos lectores, coa esperanza de que a mensaxe final do seu texto reine nos corazóns e nos ánimos de todos. Obra escrita por Xosé A. Neira Cruz e ilustrada por Marcos Calo.