Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 204 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Oliver Twist

Autor:
Saumande, Juliette

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
42

Idioma:
Galego

Resumen

Oliver Twist, un orfo de 9 anos, logo de sufrir no orfanato a explotación, a fame e o medo, marcha a traballar como aprendiz para un enterrador. Maltratado tamén na funeraria, decide escapar e camiñar moitas millas para chegar a Londres. Unha vez na capital, Oliver coñece un carteirista da súa mesma idade que traballa para Fagin, un home sen escrúpulos que se fai cargo del, utilizándoo para os seus roubos. Oliver coñece o frío cárcere e as elegantes mansións londinienses, mais as súas coitas parecen non ter fin...
Cubierta

Cleopatra. Raíña do Nilo

Autor:
de Prémonville, Marie

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
34

Idioma:
Galego

Resumen

Quen era Cleopatra? Como Raíña foi admirada e desprezada. Como muller, era poderosa e apaixonada. E como lenda, Cleopatra é unha das personaxes máis célebres da historia. Desde o seu ascenso ao trono até a súa tráxica morte, Cleopatra levou unha vida excepcional, polo que aínda hoxe estamos cativados polo seu encanto, intelixencia e valentía. Pero cal foi o seu destino como última raíña do Exipto? Como viviu e morreu esta gran muller?
Cubierta

Dinosauros

Autor:
Olivé Pous, Roc

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Divulgación

Páginas:
70

Idioma:
Galego

Resumen

Durante máis dun século os dinosauros fascinaron tanto os científicos como o público en xeral, de novos a vellos. A palabra DINOSURO significa “lagarto terrible” e sintetiza a impresión que nos producen. Aínda que algúns foron os animais máis grandes que nunca pisaron o noso planeta, outros moitos eran pequenos e áxiles. Este libro móstranos a gran variedade de tamaños que adquiriron os dinosauros: algúns non eran máis grandes que unha pomba, outros pola contra eran mesmo máis longos que cinco autobuses postos un detrás do outro.
Cubierta

Simios e monos

Autor:
Taylor, Barbara

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-xuvenil

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros. Fotografías asombrosas, ampliadas para ofrecerche intrigantes detalles, á vez que un texto claro che explica os feitos de moitos temas básicos. Os divertidos proxectos bríndanche a oportunidade de aprender máis tanto en casa como fóra. Deixa que Simios e monos te leve da man a un mundo cheo de descubrimentos! * Resgárdate da tormenta cunha cría de orangután. * Balancéate entre as árbores da man dun xibón. * Saca térmites como os chimpancés. * Come froita fresca en compañía dos monos.
Cubierta

Fadita fosca!

Autor:
Vázquez Freire, Miguel

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

O avoíño de Saleta ten unha teima. Acabar con todas as malditas moscas que enchen a casa cando chega a calor. Saleta decide axudalo. Pero cazar moscas non é cousa doada. E á avoíña o resultado non lle convence nada nadiña. Ai, esa fadita fosca!