Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 526 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

O refugallo

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Carballeira, Paula

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Edición Literaria - Teatro - Biblioteca Dramática Galega

Páginas:
80

Idioma:
Galego

Resumen

Isolda ten un libro de viaxes; Hipatia, un telescopio; Borboronte, unha tartaruga (aínda que as tartarugas non se teñen, só están contigo) e Lustucrú, unha pata de pau. Os catro viven do refugallo, co que ninguén quere. Os catro xogan xuntos a crear un mundo novo a partir do mundo vello e roto da súa contorna, porque son nenas e nenos, e saben ver as cousas doutra maneira. O refugallo trata sobre a capacidade de fabulación que nos fai transformar a realidade, recreala e reinventala, coma o mesmo teatro, que lle dá vida a obxectos e personaxes que ata o momento da representación non existían para o público.
Cubierta

Asústate, Merche!

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Casalderrey, Fina

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Páginas:
248

Idioma:
Galego

Resumen

Esta historia iníciase cando, a través dunha nota necrolóxica nun xornal, Auria descobre unha terrible e misteriosa razón que a empuxa ó suicidio. Por medio de Merche, o diario de Auria, e dun narrador revivimos unha viaxe por Europa. O presente e o pasado avanzan paralelos. Os capítulos do pasado van dando claves para descifrar a situación actual. O descubrimento do amor, o sexo, o aborto, a amizade, os estudios, as relacións familiares... xorden dese fío argumental que resulta ser a viaxe.
Cubierta

A sombra cazadora

Soy un gran lector (12+)

Autor:
De Toro, Suso

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Páginas:
240

Idioma:
Galego

Resumen

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: «Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades».Narrada en primeira persoa, altérnanse os puntos de vista de un e outro irmán en cada un dos capítulos. Con esta obra Suso de Toro inicia unha nova vía que el define como «unha aventura, unha narración mítica, que comeza lenta pero intrigante e se vai acelerando coma un thriller». A sombra cazadora será levada ó cine. Traducida ó castelán e ó portugués, así como a outras linguas europeas.
Cubierta

A terra queima

Ya leo solo (8+)

Autor:
Carnota, Lalo;Souto, Xurxo

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Pequeno Merlín - Albums

Páginas:
56

Idioma:
Galego

Resumen

Chíos de paxaros, vento entre as árbores, murmurios nas fontes, nos montes… Cantiga marabillosa! Só cómpre, como fixo Antón, o protagonista deste conto, deterse un chisco e escoitar a música da natureza. Mais, atención! Esta melodía ás veces tamén pode facerche graves confidencias. Mesmo reclamar a túa axuda para salvar o Mundo! Un libro-disco escrito e narrado por Xurxo Souto e musicado por Lalo Carnota.
Cubierta

A miña primeira Rosalía

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Lastra Pernas, Xiana;Lastra Muruais, Xosé

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - O Meu Primeiro ...

Páginas:
80

Idioma:
Galego

Resumen

Cando se fan cento cincuenta anos da publicación de Cantares gallegos, A miña primeira Rosalía é unha homenaxe a Rosalía de Castro, que puxo a súa voz e a súa vida ao servizo da dignificación da nosa lingua, das mulleres e dos desfavorecidos, en tempos nada propicios. Este libro reúne unha biografía, unha antoloxía poética e doce poemas musicados e cantados. Inclúe CD con interpretacións de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra: 1. O forno está sin pan 2. Vente, rapasa 3. Tecín soia 4. Paseniño 5. Lévame a aquela fonte cristaíña 6. No ceo, azul crarísimo 7. Miña Santa Margarida 8. Negra sombra 9. A xusticia pola man 10. Vamos bebendo 11. Máis ó que ben quixo un día 12. A Rosalía