Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 526 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Ámote Leo A. Destino Xalundes

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Aneiros, Rosa

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Milmanda

Páginas:
312

Idioma:
Galego

Resumen

Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día máis nin día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona? Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores.
Cubierta

Astérix e os pictos

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Goscinny, René;Ferri, Jean-Yves

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Cómics

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

Chega o novo álbum da colección clásica de Astérix cos personaxes de sempre e moitos novos: varios clans enteiros, de feito! Desta volta, Astérix e Obélix viaxan a Caledonia, a Escocia romana.
Cubierta

O pequeno mago

Ya leo solo (8+)

Autor:
Cameselle, Roque

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Pequeno Merlín

Páginas:
56

Idioma:
Galego

Resumen

Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso, un neno de tan só nove anos, pero armado dunha maxia sorprendente, logra que os malvados guerreiros fuxan espavorecidos. A noticia do prodixio esténdese por toda a comarca e, a partir de entón, Dubidoso será coñecido por todos como O Pequeno Mago. Xunto coa súa inseparable amiga Destreza embarcarase en innumerables e máxicas aventuras e enfrontarase ao poderoso bispo Xoán, señor e dono da cidade, que non lle perdoará que o deixase como un covarde diante dos seus vasalos. Conseguirá O Pequeno Mago saír vitorioso na súa rivalidade con tan poderoso inimigo?
Cubierta

Fantasmas de luz

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Fernández Paz, Agustín

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Milmanda

Páginas:
192

Idioma:
Galego

Resumen

Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. Dun xeito progresivo, os seus corpos comezan a se volver transparentes, invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor.Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade.Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón».
Cubierta

Unha primavera para Aldara

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Moure, Teresa

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Páginas:
248

Idioma:
Galego

Resumen

Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que se desenvolve no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla. As regras non permiten presencia masculina no mosteiro, porén Aldara, a abadesa decide poñer por diante a misericordia e acoller ao forasteiro. Mais unha decisión coma esta no convento serviu como detonante dun enfrontamento de posturas entre as monxas que culminará nunha traizón. En palabras da autora “os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chaman eternos e procuran horizontes de liberdade persoal relativos ao afán de coñecemento, a paixón, a ruptura co establecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade”. Unha primavera para Aldara obtivo o Premio de teatro Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en lingua Galega (Teatro) 2008 e o María Casares ao Mellor Texto Orixinal 2009.