Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 32 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Á sombra do lueiro de papel

Ya leo solo (8+)

Autor:
García Teijeiro Antonio

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
72

Idioma:
Galego

Resumen

A Lúa é confidente de poetas e pintores, de soños, de esperanzas, e tamén é cómplice dos nenos que están a piques de nacer. A Lúa vístese de moitas cores, dorme polo día e érguese coa noite. Á súa sombra, goza destes versos, que son novos lueiros de papel.
Cubierta

A viaxe de Vionta

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Tabuyo Domingo

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Montaña encantada

Páginas:
84

Idioma:
Galego

Resumen

Equivocar o rumbo pode ocasionar moitos problemas; tantos e tan graves que, ás veces, nin a maxia é quen de os solucionar. Diego, acompañado da maga Vionta e dos seus dous pintorescos axudantes, vai viaxar accidentalmente ata un lugar ao que nunca pensou chegar.
Cubierta

Andanzas e amizades dun robot pequeno

Ya leo solo (8+)

Autor:
Martín, Paco

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 7 Anos En Diante

Páginas:
No disponible

Idioma:
Galego

Resumen

O libro é continuación do titulado Un robot pequeno, do mesmo autor e publicado nesta mesma colección. Alí, Sabela e Fermín, un matrimonio novo, constrúen no seu laboratorio un pequeno robot, un SF-2, que pode solucionar grande cantidade de problemas, pero que sobre todo ten unha característica moi peculiar: só se pode comunicar cos seres humanos que teñan menos de once anos. O robot é coma un rapaz novo, xa que sempre anda a facer trasnadas, escapando do laboratorio onde vive. Un día que a parella o deixa só no laboratorio, foxe de alí e coñece na rúa a un rapaz portugués orfo co que fai bo caldo; máis tarde lévao á súa casa para que Fermín e Sabela poidan axudalo.
Cubierta

Ás de mosca para Anxo

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Casalderrey, Fina

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 10 Anos En Diante

Páginas:
144

Idioma:
Galego

Resumen

¿Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e... a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón.
Cubierta

As viaxes de Ruki

Ya leo solo (8+)

Autor:
Caride, Ramón

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 8 Anos En Diante

Páginas:
104

Idioma:
Galego

Resumen

Tan pronto como chegaban do colexio Pedro e Petra fechábanse no cuarto da rapaza e púñanse a fedellar co seu equipo de electrónica. Así foi como naceu Ruki, un rato-robot que, grazas a unha teteira, un ordenador e unha tormenta, rematou viaxando polo universo, visitando estrañísimas galaxias e seres como os guquipuquis, os ratos cempés ou a Comellona do planeta Toupamil…