Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 32 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Eu conto, ti cantas...

Ya leo solo (8+)

Autor:
Moreno, María Victoria

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 7 Anos En Diante

Páginas:
64

Idioma:
Galego

Resumen

Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: “Xa non teño medo”, “Can branco, can negro” e “¿Un cachiño de bica?”. Xan vive nunha cidade e ten medo cando se vai deitar; grazas a unha chorumiña comprobará que no ceo sae a lúa e florece o sosego na terra escura. Nicolau é un canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que Correcamiños naceu na beiravía da estrada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino. Iván coida a Nica, unha cadela ben xeitosa, á que moito lle gosta os cachiños de bica. Tres contos para todos os nenos e nenas de sete anos en diante que buscan o amor nos olliños doces de mel dun can de bondadosas orellas.
Cubierta

Evaristo, un corvo moi listo

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Uhía Manolo

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Montaña encantada

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

A Lino gústalle somerxerse para xogar cos argazos e cos peixes. Un día atopa na praia un corvo mariño, que el bautiza co nome de Evaristo, e xuntos emprenden viaxe ó fondo do mar. Evaristo resulta un excelente guía para esta travesía, porque coñece os segredos e perigos agochados baixo as augas. A Lino le gusta bucear para jugar con las algas y los peces. Un día se encuentra en la playa con un cuervo marino, que él bautiza con el nombre de Evaristo, y juntos emprenden viaje al fondo del mar. Evaristo resulta un excelente guía para esta travesía, porque conoce los secretos y peligros escondidos bajo las aguas.
Cubierta

Honorato, o rato namorado

Ya leo solo (8+)

Autor:
García Teijeiro, Antonio

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 7 Anos En Diante

Páginas:
64

Idioma:
Galego

Resumen

Honorato é un rato ao que lle gustan as palabras, e gústalle pintalas de cores: utiliza a cor verde para falar dos campos, a azul para falar do ceo e do mar, a amarela para falar da luz e do sol… A cor negra para falar das guerras, a cor gris para falar do inverno e a cor vermella para falar…, para falar ¡de amor! Si, porque Honorato está namorado. ¿E de quen está namorado?
Cubierta

Mar adiante

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Moreno, María Victoria

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 9 Anos En Diante

Páginas:
88

Idioma:
Galego

Resumen

Publicada en 1973, Mar adiante é a primeira novela en lingua galega de María Victoria Moreno e unha das novelas fundadoras da literatura infantil en galego. Unha mestra contoulles un día aos compañeiros que viña de poñer escola nun barco, o Arroás. Como non a creron, e ela sabe que non o soñou, escribe a historia para que os rapaces a coñezan. Sabemos entón de Miguel, un vello mariñeiro, que fixo un barco cando soubo que o mestre ameazara aos rapaces con tiralos ao mar cos libros ao pescozo se non sabían a táboa do sete. E púxolle tripulación: un poeta, un debuxante, un amigo das estrelas e unha cociñeira velliña e garimosa, Lola. Non faltaban, claro, o capitán, e mais a mestra. No barco os nenos aprenden cousas que non veñen nos libros: a historia dos mozos náufragos aos que o patrón rico non quixo acudirlles, a de Mariquiña, que se fixo amiga dun lobo a quen agora todos os veciños queren e coñecen como Garimoso, a da illa dos paxaros que escaparon da persecución dos homes da aldea, que seica querían protexer as colleitas, a historia de amor imposible entre un vagalume e o Luceiro, que sae antes e marcha despois para que o vexa a súa amada, e mais a de Lola, que lles fixo unha árbore de Nadal con argazos camiñando sobre o mar e logo quedou durmida para sempre.
Cubierta

Medusiña e familia

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Uhía Manolo

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

Medusiña naceu moi lonxe, pero as correntes arrastrárona ata as rías galegas onde agora vive coa súa longa familia. Os seus parentes estarán encantados de abrirvos as portas da súa casa e de contarvos a súa orixe e forma de vida. Non esqueceredes nunca o que ides ver e escoitar sobre estes seres tan fermosos que habitan o fondo do mar.