Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 32 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Piñeco

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Lourenzo González M.

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Montaña encantada

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

Piñeco é un esquío rebuldeiro que presume de ser moi áxil e de non temer perigo ningún. Gusta de facer as súas demostracións cando o vello Grandarume lles conta as historias da súa mocidade aos esquíos máis novos, porque é nese momento cando ten máis público. O anuncio do avó esquío de contar a aventura máis sorprendente e orixinal de todas cantas lle ocorreron concentra a atención de todos, mesmo de Piñeco, que, ao final, resulta ser o máis sorprendido.
Cubierta

Rata linda de Compostela

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Graña, Bernardino

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 7 Anos En Diante

Páginas:
56

Idioma:
Galego

Resumen

No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro. Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato. Con ela, vai á tenda e merca un fermoso lazo, que pon na cabeza. Como estaba no balcón, algúns animais que pasaban por alí viana e pedíanlle para casar con ela. O Can, o Burro, o Grilo e o Gato foran facéndolle a petición. A Rata acepta casar con Don Gato, pero este o único que quere é recuperar a moeda. Rata Linda consegue desfacerse de Don Gato, facendo que caia a un pozo e afogue nel. E, despois disto, atopouse con que o Rato volvera da súa viaxe e tamén lle pedía para casar. Rata Linda acepta, e os dous marchan xuntos “a Santiago de Compostela, por mirar a Catedral " . Rata linda de Compostela, conto escrito por Bernardino Graña e ilustrado por Manolo Uhía, está considerado como un dos contos versificados clásicos da literatura infantil de noso.
Cubierta

Trabalinguas

Empiezo a leer (6+)

Autor:
No disponible

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

"Sei dun niño dunha cecigaciña con cinco cecigaciños. Como farei para desencecigaciñara cecigaciña dos cinco cecigaciños?". A sabedoría popular crea diversos trabalinguas co fin de xogar, de rir e de aprender a pronunciar correctamente, para lle tirar o máximo partido á riqueza léxica do noso idioma, exercitando a vocalización ao agrupar sílabas en combinacións pouco frecuentes.
Cubierta

Tres capitáns de tempos idos

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Avilés de Taramancos, Antón

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 9 Anos En Diante

Páginas:
72

Idioma:
Galego

Resumen

Tres capitáns de tempos idos é a única peza de teatro e a única obra pensada para o público infantil que deixou Antón Avilés de Taramancos. Escrita na primavera de 1983, coa finalidade de que fose representada polos escolares da Serra de Outes; foi representada en Noia, no mes de xuño do mesmo ano, no seo das primeiras Xornadas de teatro na escola, organizadas pola Asociación Cultural Catavento. A obra, que permaneceu inédita dende a súa estrea, públícase agora, e por vez primeira, dentro de Xerais Merlín. Organizada en tres lances, e concibida especificamente para ser representada por escolares, Tres capitáns de tempos idos constitúe unha apaixonante viaxe pola historia da literatura galega; aquí desfilan personaxes como os reis e os trobadores, ou o mesmo Francisco Añón. A presente edición, que inclúe a reproducción dos figurinos orixinais, debuxados polo propio Avilés, e complétase cunha biografía do autor e a historia do devir da peza, preparada pola profesora Pilar Sampedro, a primeira directora que puxo en escena a obra.
Cubierta

Tres risas e unha voda

Ya leo solo (8+)

Autor:
Fernández Ana María

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Montaña encantada

Páginas:
156

Idioma:
Galego

Resumen

Catro pezas teatrais polas que rúan a prosa e o verso, a realidade e a fantasía, os homes e os animais, a Natureza e as máquinas, a envexa e a tenrura. A posta en escena e a lectura atenta destes textos teatrais garanten boas doses de divertimento, o tempo que nos proporcionen as claves necesarias para o coñecemento do medio e dos intrincados labirintos da mente humana.