Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 106 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Amor dos quince anos, Marilyn

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Fernández Paz, Agustín

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Páginas:
160

Idioma:
Galego

Resumen

Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvae. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha pantasma regresa, como cada vintecinco anos, ó vello pazo familiar. Velaí algunhas das imaxes que fixeron nacer os cinco relatos de Amor dos quince anos, Marilyn. Un libro co Agustín Fernández Paz quere render unha homenaxe ó cine e ós seus mitos, cando se cumpren cen anos do seu nacemento. Amor dos quince anos, Marilyn, publicado inicialmente na colección Merlín en 1995, recupérase para a colección “Fóra de Xogo”, obtivo un unánime recoñecemento da crítica: “Agustín Fernández Paz rende homenaxe á sétima arte nun volume onde os recordos e a paixón se mesturan nunha escrita colorista e áxil. Fernández Paz propón unha deliciosa narración sobre un olimpo de estrelas onde a vida e o soño ulen a celuloide” (O Correo Galego). “Actores que deixaron pegada na grande pantalla, personaxes que atoparon no celuloide o mellor dos medios para facerse reais, e todo un cúmulo de sensacións, vivencias e sentimentos xurdidos ó redor das tardes de cine, entretecen estas cinco historias magnificamente narradas nas que o autor, confírmase, de novo, como un dos máis interesantes do actual panorama literario” (Xián Xaneiro, CLIJ) “A conclusión engaiolante que un tira lendo Amor dos quince anos, Marilyn é que o autor sabe que a ‘fábrica dos soños’ do ser humano non vai morrer xamais” (Xoán Acuña, Atlántico diario).
Cubierta

As fadas verdes

Ya leo solo (8+)

Autor:
Fernández Paz, Agustín

Editorial:
EDICIONES SM

Colección:
Barco de Vapor Azul

Páginas:
80

Idioma:
Galego

Resumen

Aquel verán tan seco, o lume arrasou o monte e case acabou coas fadas verdes gardadoras do bosque. Pero na fraga do castro sobreviviu Goewín grazas á axuda de Diana, que deste xeito vai coñocer os seus segredos...
Cubierta

As flores radioactivas

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Fernández Paz, Agustín

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante

Páginas:
136

Idioma:
Galego

Resumen

Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que se sente intrigada polo misterio e desexa coñecer a verdade. Tras introducirse como polisón no barco, viaxará á zona cunha expedición organizada por un grupo ecoloxista. Iníciase así unha aventura que acabará tendo unha repercusión mundial. As flores radioactivas é unha novela crítica coa destrución da natureza e a manipulación informativa. Un relato que aposta por un mundo máis xusto e en paz.
Cubierta

As flores radioactivas

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Fernández Paz, Agustín

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante

Páginas:
128

Idioma:
Galego

Resumen

A Fosa Atlántica é unha zona do océano situada a unhas 300 millas das costas galegas. Nela estivéronse mergullando, ata 1982, os residuos radiactivos das centrais nucleares de diversos países europeos. Nesa zona aparece un día unha estraña mancha brillante. O Alto Mando da OTAN acouta a zona e descobre que a mancha brillante está formada por flores, unha morea de estrañas flores mutantes que aboian na tona e deitan un penetrante recendo. Axiña se decatan de que teñen unha propiedade preocupante: a persoa que cheira as flores convértese axiña nunha activa pacifista. Alba, unha rapaza que vive nunha vila de beiramar, vai se-la protagonista da aventura que se empeza a desenvolver. Unha expedición ecoloxista parte a descubri-lo misterio das flores e Alba vai de polisón no barco. Os da expedición, coa imprescindible axuda de Alba, conseguen burla-la vixilancia dos militares e coller mostras das flores, que axiña espallan por todo o mundo. Os efectos do seu recendo non se fan agardar e, no remate da aventura, asistimos ó inicio dunha era en que as guerras non van ter cabida e onde parece posible unha nova orde mundial baseada na paz e na cooperación.
Cubierta

AS FRONTEIRAS DO MEDO, DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Fernández Paz, Agustín

Editorial:
Rodeira - Grupo Edebé

Colección:
Periscopio

Páginas:
184

Idioma:
Galego

Resumen

As historias de terror teñen o efecto de remover nos seres humanos os medos atávicos que a civilización tenta ocultar baixo a aparencia da razón, a ciencia e o control. Mais todos sabemos da existencia de feitos que contradín toda lóxica, de realidades que fan abanear as nosas crenzas, por moito que pechemos os ollos e nos neguemos a admitilas. Nas páxinas deste libro, Agustín Fernández Paz mergúllanos en seis historias que traspasan «as fronteiras do medo».