Resumen
Unha vella moi vella e un vello moi vello
desexaban ter un bebé, pero non tiñan nin idea
de como facelo. Despois de moitos intentos,
de experimentaren diversas fórmulas e mesmo
de pediren a colaboración de reis e de cegoñas,
a velliña tivo unha idea
Con agudo sentido do humor, esta versión libre
dun conto tradicional mongol, urde unha trama
chea de delicados detalles, a partir dun dos
grandes misterios da vida: de onde veñen os
nenos?, ao tempo que desenvolve o tema da
idade e da procreación.