Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 204 libros con las palabras:"baia edicions"

Cubierta

O carballo

Autor:
Silvar, Calros

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Aventura de vivir

Páginas:
42

Idioma:
Galego

Resumen

Con esta obra, Baía Edicións pon en marcha unha nova colección (en formato grande e encadernación en capa dura) de divulgación de elementos singulares do noso medio natural, dirixida, fundamentalmente, a nenas e nenos de ensino primario, baixo o lema xenérico de A aventura de vivir. Nesta primeira entrega, Calros Silvar, cun texto moi sinxelo e de fácil comprensión para as lectoras e os lectores aos que vai dirixido e mesmo cunha presentación do protagonista, humanizado ao modo dos contos clásicos e tradicionais dos animais falantes, como guía do seu ecosistema para os visitantes que acoden a coñecelo. Asemade, vai explicando quen son as árbores e, concretamente, os Quercus e as diferenzas máis singulares entre as distintas especies, como nacen, se desenvolven e como evolucionan durante o seu longo período de vida. Alerta tamén dos perigos que o axexan no presente e fai unha chamada para procurar a súa defensa como un piar básico da conservación da natureza. Finalmente, achegándose ao terreo cultural, explica os usos que as persoas fixeron deles e a importancia que en determinados aspectos tiveron para a evolución de moitos pobos e a súa pegada na cultura popular. Convén salientar tamén e de forma moi especial o magnífico traballo de ilustración do seu autor, poñendo en evidencia o alto nivel da ilustración da natureza no noso país, onde Calros Silvar destaca por méritos propios.
Cubierta

Leonardo da Vinci

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Augarde, Steve

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
96

Idioma:
Galego

Resumen

Con só dez anos, Paulo convértese en aprendiz de Leonardo da Vinci, o gran pintor e inventor. O diario de Paulo mostra o punto de vista dun neno sobre un tempo e un lugar fascinantes, ademais de penetrar na mente dun dos maiores xenios do mundo e de ser unha historia contada desde o máis fondo. Un capítulo ilustrado de referencias e datos, ofrece información adicional sobre a vida e obra de Leonardo e sobre o Renacemento europeo.
Cubierta

O informe do empregado Mendes

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Mondelo, José

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
72

Idioma:
Galego

Resumen

É este un libro de bruxas namoradas que non poden mostrar o seu amor, de ras saltaricas que aprenden da intelixencia e bondade, de fadas que arrolan nenas pobres, de mundos cobizados e afastados que impiden ver o próximo, dun país harmonioso e de anxos rebeldes, de amores imposíbeis pola condición social e dun empregado especialmente eficiente. Sete relatos nos que, cunha rica e variada linguaxe, se mestura a nostalxia e a ironía.
Cubierta

Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Salgueiro, Roberto

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
64

Idioma:
Galego

Resumen

Esta comedieta farsesca dirixida ao público infantil, como a define o seu autor, transcorre en Venecia (Italia) nunha fría noite do século XVIII. Valentino Rufini, de regreso á súa casa en Milán, é abandonado polo seu criado, que marcha con todos os seus cartos. Só e cargando co seu baúl de viaxe, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasará a carruaxe que vai cara a Milán. No mesmo lugar aparece coa idéntica intención Âkil Pillabán, a quen a súa ama deixara composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos se coñecerán e compartirán a noite, e, con ela, desexos, sospeitas e medos mutuos, mentres agardan a que chegue o día e continuar as súas viaxes, pero... Cartel Valentino Rufini Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can) foi estreada pola compañía galega Talía Teatro no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 4 de decembro de 2008, permanecendo en xira na actualidade. Na súa montaxe interveu o seguinte equipo artístico e técnico. Reparto Valentino Rufini. Diego Rey. Âkil Pillabán. Dani Trillo Ficha artística. Deseño de escenografía, vestiario e iluminación. Roberto Salgueiro. Realización escenografía e atrezzo. Rodrigo Roel. Realización vestiario. Clotilde Vaello. Efectos sonoros. Toni Salgado. Asistente de dirección. Marta Ríos. Dirección. Roberto Salgueiro.
Cubierta

Bruno e O Manto de Estrelas

Ya leo solo (8+)

Autor:
Martínez, Sonia

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
64

Idioma:
Galego

Resumen

Como cada vez que a avoa queda na casa, Bruno ten que durmir na habitación do faiado, pero non lle importa. Ademais, ese día fora o seu aniversaro e recibira de familiares e do seu amigo Dimitar, auténtico inventor de enigmáticos xogos, moitos agasallos, entre os que descubriu un libro cun título moi atractivo: O Manto de Estrelas. Coa súa axuda descobre o Universo e crea nel a afección que o converterá nun astrónomo e astronauta de moito prestixio.