Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 204 libros con las palabras:"baia edicions"

Cubierta

Norocai

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Paz Rey, Begoña Isabel

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
160

Idioma:
Galego

Resumen

Pechade os ollos e imaxinade un tempo remoto, perdido na memoria dos astros, no que o mar lle declarou a guerra á terra, a súa eterna inimiga. A terra, sorprendida polo inesperado ataque de quen tras tantos anos de paz cría xa o seu aliado, mostrouse incapaz de frear o pulo das augas... Así morreu a terra coñecida e naceu Norocai, un náufrago a piques de afogar pero aínda coa esperanza posta no rescate.
Cubierta

A herdanza do Marqués

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Regueiro, Conchi

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
408

Idioma:
Galego

Resumen

Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan. Xandra ben coñece eses enigmas: forma parte deles, tan ao seu pesar. Esa ancestral maldición dos Corredores da que nin ela nin a súa familia conseguen fuxir e que tanto lle complica a vida. A herdanza do marqués é a historia da súa amizade, das sombras ameazantes que espreitan, da vella historia da casa Ervedelo e da aínda máis antiga dos Negro e o Marqués de Vilacardoso, da calor abafante, das lendas sinistras e das ofertas temibles. Coidas que serás capaz de pasar as súas páxinas sen ter arrepíos? Escrita en primeira persoa por cada unha das protagonistas desta intrigante historia, mostra dous vehículos distintos e, á par complementarios, de narrar: o tradicional, en que Xandra nos fai partícipe das súas preocupacións e vivencias directamente, e o propio das charlas pola Internet, en que Zoila non se dirixe directamente ao lector, senón aos seus amigos da cidade. Pode verse, tamén, como un xogo de irmandade entre o rural e o urbano, entre a modernidade e a tradición, entre o pasado e o presente, posto ao servizo da resolución dun enigma que condiciona os dous mundos.
Cubierta

Moko

Ya leo solo (8+)

Autor:
Sáez Cazallas, Cristina

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
104

Idioma:
Galego

Resumen

Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono... Pouquiños días antes de que a segunda edición desta historia saíse da imprenta, apareceu na prensa a nova de que o buraco na capa de ozono está no seu nivel máis baixo dos últimos dez anos. Sería unha loucura pola miña parte pensar que Moko contribuíu dalgún xeito, aínda que fose nunha infinitésima parte, a este logro. Pero se un só lector ou lectora lembrou este libro ao ver nos xornais esta afirmación tan esperanzadora, eu xa me sinto máis que satisfeita.
Cubierta

Pregunta á Dra. Peteiro sobre o Planeta Terra

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Llewellyn, Claire

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
32

Idioma:
Galego

Resumen

Pregunta á Dra. Peteiro sobre o Planeta Terra é unha boa forma de descubrir como afectan aos animais os volcáns en erupción, as mareas que fan desaparecer a auga, como flúen os ríos... e moito máis. Outra saca de cartas de criaturas preocupadas chegou aos pés da Dra. Peteiro, a atarefada conselleira sentimental: Podo chegar ao centro da Terra escavando?, O chan móvese! Que está pasando?, Por que aquí vai tanto frío e está tan escuro?, Onde foi o Sol? etc.
Cubierta

A cova dos mouros

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Barreiro Liz, Xabier A.

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
160

Idioma:
Galego

Resumen

Cando un neno atopa un camiño que leva a un mundo onde as leis da natureza non son as que coñecemos, calquera cousa pode suceder. Unha cova máxica chea de personaxes (amigos ou non tanto) e sobre todo de aventuras vai pasando ante nós páxina a páxina. Abdul medra pouco a pouco coñecendo seres diferentes nun universo novo para todos nós. Só nas derradeiras páxinas chegaremos a descubrir o tesouro que agochaba a cova.