Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 204 libros con las palabras:"baia edicions"

Cubierta

Pregunta á Dra. Peteiro sobre o Tempo

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Llewellyn, Claire

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
32

Idioma:
Galego

Resumen

Pregunta á Dra. Peteiro sobre o Tempo é unha boa forma de descubrir como afectan aos animais as estacións, os distintos climas, os fenómenos atmosféricos... e moito máis. Outra saca chea de cartas enviadas por preocupados animais chegou aos pés da Dra. Peteiro, con angustiadas preguntas como: Que é ese escintileo no ceo?, Como pode o vento axudarme a voar?, Por que o meu pelo se está volvendo branco? etc.
Cubierta

O tesouro das ánimas

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Regueiro Digón, Conchi

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
248

Idioma:
Galego

Resumen

No peto de ánimas da Leira dos Pintado, en Ponterrubiáns, cinco versos proporcionan unha misteriosa clave: * A entrada no Ceo ten catro chaves. * Deus bica a primeira. * A segunda coas criaturas. * A terceira pola fe explicada. * A cuarta portéxena os lobos. Trátase das pistas que, segundo unha vella lenda, permitirían descubrir o tesouro que un bispo do século XVIII agachara na vila. A desaparición da súa profesora levará a Natalia e Guillerme, compañeiros de instituto -mais non moi amigos, que digamos-, a adentrárense no enigma, que se acaba convertendo nunha perigosa aventura na que só contarán coa axuda da súa intuición e intelixencia, ademais dun videoxogo de última xeración.
Cubierta

No cubil da lúa

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Neira, Xoán

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
30

Idioma:
Galego

Resumen

14 poemas que, coa mestría que acostuma o poeta mariñan Xoán Neira, achegan a nenas e nenos outros tantos animais que viven en liberdade e dormen baixo o amparo da lúa, descritos con fermosas e evocadoras figuras que perfilan poeticamente os seus singulares trazos.
Cubierta

Orballo da mañá...

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Vázquez Álvarez, David D.

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
224

Idioma:
Galego

Resumen

O barco, no que Lisa ía regresar ao seu país despois das vacacións, agardaba no porto de Casablanca cheo de luces, de bandeiras de cores, de música... No fondo sentía moito deixar alí á súa amiga, que coñecera soamente unhas semanas atrás... no entanto unha parte da súa alma ficaba mesturada coas areas do incrible deserto. Nadia tamén viaxaría moi pronto cara ao norte onde seguro que algún día se atoparían, mais o seu barco non tería bandeiriñas nin luces de cores nin música... ela terá que deixar ao seu sabio avó Ismael e á súa amiga Soraia, a vida de miseria pero feliz no poboado, e vivir unha dramática viaxe coa súa familia para conseguir un futuro mellor en Europa e reencontrarse coa súa mellor amiga, Lisa.
Cubierta

O Pazo Máxico

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Volta, Pedro

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
96

Idioma:
Galego

Resumen

Son moitos os nenos e as nenas que soñan con ser magos e protagonistas de historias fantásticas. Se ti es un deles, con este libro poderás facer realidade os teus soños e vivir unha aventura alucinante nun pazo máxico oculto nun bosque secreto, onde te converterás nun auténtico aprendiz de mago. Acompañarante nesta aventura un raposo moi simpático e o ilusionista Pedro Volta, que che presentarán algúns dos magos máis lendarios, como o escapista Harry Houdini, O Gran Carter, Doug Henning ou Robert-Houdin, que compartirán contigo segredos incribles e, ademais, ensinaranche en persoa os seus mellores trucos. Tamén descubrirás as orixes do cine grazas ao entrañable mago Georges Méliès, co que aprenderás a realizar coas túas mans misteriosas sombras chinesas. Cando volvas ao mundo real converteraste nun auténtico mago e poderás sorprender os teus familiares e amigos.