Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 204 libros con las palabras:"baia edicions"

Cubierta

Os animais da cidade

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Muñoz Puelles, Vicente

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
62

Idioma:
Galego

Resumen

A colección presenta relatos con protagonismo de nenas e nenos de 6 a 8 anos que nos mostran as súas vivencias máis próximas e nos sitúan ante temas como a alimentación, a independencia, o ocio, os ataques a natureza etc. É Noiteboa e Ricardo perdeuse. Por sorte lembra os animais que hai na cidade, os seus amigos: os leóns de Correos, a aguia da estación, o papagaio do mercado, os patos da fonte... Eles axudárano a orientarse. Vicente Muñoz Puelles e a ilustradora Noemí Villamuza cóntanos unha historia entrañable na que os animais son protagonistas.
Cubierta

A illa do tesouro

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Louis Stevenson, Robert

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
36

Idioma:
Galego

Resumen

Un día de moito vento, alguén peta na porta do "Almirante Benbow" a pousada dos pais de Jim Hawkins. É Billy Bones, un vello pirata que garda no seu cofre un gran segredo: o mapa do capitán Flint! O mapa da illa do tesouro! Para Jim e os seus amigos a aventura só acaba de comezar!
Cubierta

Lóbez

Ya leo solo (8+)

Autor:
Yáñez Casal, Antonio

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
88

Idioma:
Galego

Resumen

De Lóbez dixeron: "Por fin alguén escribe unha historia que se axusta ao que realmente ocorreu". (Leirón careto que conversa con Lóbez no capítulo 7) "Un relato magnífico. Estou emocionadísima por ser un dos seus personaxes". (Porca brava que aparece no capítulo 9) "Naquel tempo, calquera cousa podía suceder; mesmo que un lobiño tivese que emprender unha longa viaxe por non saber ouvear". (Lobo presidente do Gran Consello de Anciáns)
Cubierta

Violeta tamurana

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Maceiras, Andrea

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
224

Idioma:
Galego

Resumen

As fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do Arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa cor violeta. Por iso, cando uns intrusos de vestimenta branca comezan a devastar Tamurana, Pao sabe que, se quere salvala, debe arriscar a súa vida para chegar máis lonxe do que nunca imaxinou. Na súa procura de respostas, Pao tentará descubrir o segredo máis prohibido, capaz de enfrontar dous mundos, mais tamén comprenderá o valor do coñecemento e o significado da unión e da amizade, gañando o dereito de se atrever a ser diferente e recobrando, finalmente, a maxia da cor violeta.
Cubierta

Unha cabana na lúa

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Jaureguizar, Santiago

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
116

Idioma:
Galego

Resumen

A vida dun líder nunca é doada. Menos cando ese líder ten dez anos e unha nai que chora coas telenovelas e decidiu chamar Aquilino Antonio ao seu cativo. Aquilino Antonio, Lino, é líder dunha panda de rapaces aos que ten que guiar nas batallas contra a panda rival, para que constrúan un somerxible ou unha nave espacial na que viaxar á Lúa e construíren aló unha cabana.