Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 204 libros con las palabras:"baia edicions"

Cubierta

Os sons da buguina

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Labraña, Carlos

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
56

Idioma:
Galego

Resumen

Na Vionta, unha pequena illa esquecida no linde do horizonte vive Tonecho, mozo que rexenta unha taberna visitada por xentes que andan á procura dun abeiro. Todo muda o día en que o vello Nomar regresa a súa Ítaca e rescata a buguina agochada o día da partida. A estraña aparición dunha rapaza núa no areal, enchoupada de mar, fará que as historias caladas agromen de novo. Os sons da buguina murmuran unha antiga lenda que se torna realidade.
Cubierta

Furia

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Zubizarreta, Patxi

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
64

Idioma:
Galego

Resumen

A colección presenta relatos con protagonismo de nenas e nenos de 6 a 8 anos que nos mostran as súas vivencias máis próximas e nos sitúan ante temas como a alimentación, a independencia, o ocio, os ataques a natureza etc. O pai de Carlos é xinete e corre no Grand National. Súa nai está preocupada porque descubriu que Carlos só ten unha amiga, a televisión, que quere ver a todas horas. Un día, vaise a luz e parece que o mundo se acaba. Non hai televisión! Pero a sorpresa que lle prepararon faralle esquecerse de todo.
Cubierta

O afundimento do Tiránic

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Riveiro, Breogán

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Barriga Verde

Páginas:
45

Idioma:
Galego

Resumen

O afundimento do Tiránic, gañadora do IV Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques 2006 organizado polo IGAEM, móstranos, seguindo a mellor tradición do teatro de monicreques, unha serie de personaxes moi distintos entre si, que, individualmente, deixan ver as súas debilidades e temores fronte ao exercicio tiránico do poder por parte do capitán dun barco, e que, pola contra, cando se unen na defensa da propia vida, se converten nunha forza invencíbel capaz de acabar coa tiranía e o medo, ao tempo que crean unha nova nave onde todos e todas son recoñecidos e respectados. Ilustrada a toda cor por Xosé Tomás.
Cubierta

Chámome Asetu

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Sabaté i Rodiè, Teresa

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
34

Idioma:
Galego

Resumen

Os contos da colección Os Dereitos do Neno e da Nena están dirixidos as nenas e nenos de educación infantil e primaria, e comprenden unha diversidade de temas relacionados con eles. Pretendemos poñer a disposición de nais, pais e educadores un conxunto de elementos que lles poidan ser útiles nas súas tarefas educativas. Que entendemos por dereitos? Os dereitos son as normas legais que regulan as relacións entre as persoas. Dentro destas normas, as nenas e nenos gozan dunha serie de dereitos específicos e universais. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que aprobou esta declaración o 20 de novembro de 1959, solicita a todos os gobernantes e aos pobos que difundan e expliquen os principios enunciados con anterioridade a nais, pais e educadoras, profesionais da sanidade, traballadores e traballadoras sociais, a todas as persoas que se ocupan directamente dos nenos e aos mesmos nenos e nenas. Os obxectivos que nais, pais e educadores queremos conseguir son: * Promover nos nenos e nenas actitudes que faciliten a creación de situacións xustas no seu contorno... * Fomentando unha actitude positiva fronte ás dificultades. * Evitando as liortas. * Amosando o valor do traballo en grupo. * Ensinando a compartir e respectar o material escolar e as instalacións. * Colaborando na limpeza e coidado do medio natural. * Facer que coñezan e respecten as diferentes culturas e etnias coas que convivan non só na propia escola e no seu barrio, senón tamén no ámbito mundial, nun marco de respecto e interese pola diferenza, así como da conciencia da igualdade de deberes e dereitos. * Conciencialas/os das situacións de inxustiza que existen no mundo, especialmente polo que aos nenos e nenas se refire. * Amosarlles que o mundo o hai que construír entre todas e todos, dun xeito máis xusto. Sabes como se saúda na lingua Molof? Asetu, unha nena gambiana que chegou a unha escola galega, vaiche ensinar iso e moito máis do seu país. Artigo 1º O neno ou a nena deben gozar de todos os dereitos recoñecidos, descartando toda consideración de raza, de cor, de sexo, de lingua, de casta, de relixión, de opinión pública ou outras opinións, de orixe nacional ou social, de posición económica, de lexitimidade ou de calquera outra situación.
Cubierta

A caixa máxica

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Sabaté i Rodiè, Teresa

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
34

Idioma:
Galego

Resumen

Os contos da colección Os Dereitos do Neno e da Nena están dirixidos as nenas e nenos de educación infantil e primaria, e comprenden unha diversidade de temas relacionados con eles. Pretendemos poñer a disposición de nais, pais e educadores un conxunto de elementos que lles poidan ser útiles nas súas tarefas educativas. Que entendemos por dereitos? Os dereitos son as normas legais que regulan as relacións entre as persoas. Dentro destas normas, as nenas e nenos gozan dunha serie de dereitos específicos e universais. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que aprobou esta declaración o 20 de novembro de 1959, solicita a todos os gobernantes e aos pobos que difundan e expliquen os principios enunciados con anterioridade a nais, pais e educadoras, profesionais da sanidade, traballadores e traballadoras sociais, a todas as persoas que se ocupan directamente dos nenos e aos mesmos nenos e nenas. Os obxectivos que nais, pais e educadores queremos conseguir son: * Promover nos nenos e nenas actitudes que faciliten a creación de situacións xustas no seu contorno... * Fomentando unha actitude positiva fronte ás dificultades. * Evitando as liortas. * Amosando o valor do traballo en grupo. * Ensinando a compartir e respectar o material escolar e as instalacións. * Colaborando na limpeza e coidado do medio natural. * Facer que coñezan e respecten as diferentes culturas e etnias coas que convivan non só na propia escola e no seu barrio, senón tamén no ámbito mundial, nun marco de respecto e interese pola diferenza, así como da conciencia da igualdade de deberes e dereitos. * Conciencialas/os das situacións de inxustiza que existen no mundo, especialmente polo que aos nenos e nenas se refire. * Amosarlles que o mundo o hai que construír entre todas e todos, dun xeito máis xusto. Había un lugar no que os nenos e nenas se portaban tan mal que seus pais pediron axuda a través dos xornais. Un día, chegou ao lugar unha estraña muller cunha caixa máxica e ocorreron moitas cousas... Artigo 2º "O neno ou a nena debe estar en situación de desenvolverse dunha maneira sa e normal, no plano físico, intelectual, moral, espiritual e social, en condicións de liberdade e dignidade".