Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 14 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A encontadora

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Alfaya, An

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 9 Anos En Diante

Páginas:
112

Idioma:
Galego

Resumen

Crispín sempre foi un namorado da fotografía, quixo ser retratista de profesión. Crispín semella un vello furón, axexando a súa veciña, Eleanora, por enriba do balcón coa súa cámara fotográfica, poñendo en perigo a súa vida, esquecendo que xa non é ningún rapaz, senón un xubilado na costa dos setenta. Dende hai uns meses Crispín leva cavilado dabondo na identidade de Gloria;. primeiro pensaba que se trataba da neta de Eleanora, polo xeito de falar con ela, pero axiña muda de opinión e ocorréuselle pensar que se refería a unha mascota. ¿Quen será Gloria en realidade?. A encontadora de An Alfaya aborda un tema pouco tratado na literatura infantil galega, unha historia de amor entre persoas maiosres, onde asoman uns personaxes que recenden a nube de azucre de feira, ateigada de sentimentos tenros, alleos ás barreiras de idade.
Cubierta no disponible

A estrela Volarina na torre Coralina

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Alfaya, An

Editorial:
Ir Indo Edicións

Colección:
O Elefante Contacontos

Páginas:
106

Idioma:
Galego

Resumen

Volarina é unha princesa cativa na torre Coralina, pero en realidade Volarina só é unha estrela encantanda que desexa seguir sendo estrela e non princesa de conto e teatro. ¿Cómo pode escapar da torre onde o duque Malaespiña a ten presa para casar con ela? ¿Quen pode axudar a Volarina a rachar co encantamento? As cousas non están fáciles para Volarina nin para os amigos que desexan axudala. O amor será o gren vencedor desta fermosa función de teatro.
Cubierta

A sombra descalza

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Alfaya, An

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Páginas:
144

Idioma:
Galego

Resumen

Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza. An Alfaya mereceu o PREMIO LAZARILLO DE LITERATURA XUVENIL 2005 con esta emocionante e descarnada novela sobre a recuperación da dignidade das mulleres e a necesidade de esculcar no pasado para facelo.
Cubierta

Buá, buá, requetebuá

Ya leo solo (8+)

Autor:
Alfaya, An

Editorial:
Ir Indo Edicións

Colección:
O Elefante Contacontos

Páginas:
95

Idioma:
Galego

Resumen

Esta obra de teatro transmite o discorrer da vida dos diversos órganos dentro do corpo humano. Mamá Pilosa e os seus Pilosíns traballan no interior do aparato dixestivo baixo as ordes do xefe don Organón. Entre trasnada e trasnada dos Pilosíns pasa o tempo no aparato, pero todo cambiará cando chegue unha moza, Placenta, que vén pedir axuda para que naza o seu neno ó xefe superior: o rosmón e fedorento Don Figadón.
Cubierta

Folerpas

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Alfaya, An

Editorial:
EDICIONES SM

Colección:
Barco de Vapor Roja

Páginas:
176

Idioma:
Galego

Resumen

Aquela semana de setembro, Rosa e os seus amigos descobren a verdade sobre o Folerpas, o home misterioso do que os adultos reniegan. Van de sorpresa en sorpresa: a facenda do tío Apolinar voa, aparece un mozo aforcado, o vello vagabundo está medio cego... e unha rara planta de cor anil convértese no elo dunha commovedora historia de amor