Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 12 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A araña e mais eu

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Alonso, Fran

Editorial:
Kalandraka Editora

Colección:
Libros para soñar

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

Un día alegre, de súpeto, una araña gorda e fea... brincou desde o ceo para aterrar no meu corpo. A descarada, primeiro explorou unha deda do meu pé, avultada coma un kiwi. Logo, subiu aos meus nocellos, rugosos como a pel dunha mandarina. Un álbum de gran beleza artística e literaria, ideal para todos os públicos, dende os primeiros lectores ata os adultos, pola delicadeza coa que as palabras percorren a xeografía do corpo humano na figura dunha nena, comparando cada parte cunha froita, a través da súa forma, tamaño e textura
Cubierta

A casa da duna

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Alonso, Fran;González Vicente, Manuel

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Pequeno Merlín - Albums

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

A casa da duna é un libro que nace dunha intensa comuñón entre texto e fotografía ao longo dun proceso de elaboración en común entre o escritor Fran Alonso e o fotógrafo Manuel G. Vicente. A casa da duna, desde a forza da imaxe e desde a intensidade da palabra e da historia que se narra, pretende reforzar o álbum ilustrado nese papel de pequena obra de arte que lle é outorgado no ámbito cultural europeo. A casa da duna é tamén un texto fermoso, divertido, que se desenvolve á beira do mar e xoga cos elementos e as palabras relacionadas co mar, contándolles aos nenos, a través da palabra e da linguaxe fotográfica, unha historia apaixonante, misteriosa e engaiolante, dunha excelente calidade literaria. Practicamente por primeira vez e desde Galicia, A casa da duna renova e fai unha aposta pola fotografía como esencia do álbum ilustrado. A protagonista do álbum, Alba, vive na casa da duna co seu gato Bicos. Encántalle deitarse na area para ver as ondas do mar. Un día, enriba dunha onda, chega unha nena descoñecida, pequerrecha como unha boliña, que lle dá un estraño aviso. A casa da duna é, sobre todo, un álbum contemporáneo que emprega a linguaxe visual dos cativos e cativas aos que se dirixe. Un álbum que atrapa.
Cubierta

A punta de pistola

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Alonso, Fran

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Páginas:
144

Idioma:
Galego

Resumen

A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola. Así comeza unha frenética fuxida. Ao tempo, outra historia transcorre en paralelo: a dunha camioneira emprendedora, culta e licenciada, que conduce e escribe nun blog. A camioneira, admiradora da vida da fisterrá Celia Rivas, a primeira muller en conducir un camión, en 1932, supón un contrapunto máis intimista á desenfreada fuxida que protagoniza a parella de secuestradores. Moita acción, planos cinematográficos, novas tecnoloxías, o papel da muller e a desestruturación social, familiar e educativa son algúns dos eixos que vertebran esta novela que está baseada nun feito real e logra atrapar os lectores e lectoras.
Cubierta

Cartas de amor

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Alonso, Fran

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Páginas:
128

Idioma:
Galego

Resumen

As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración… E quen escriben as cartas son mulleres que viven circunstancias vitais –persoais ou sociais- moi difíciles, ás que se enfrontan con valentía. Este é un libro contundente pero tenro, un canto á vida e á dignidade.
Cubierta

Cidades

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Alonso, Fran

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 10 Anos En Diante

Páginas:
72

Idioma:
Galego

Resumen

Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia. Cidades é unha porta para que os máis novos entren na poesía.