Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 3 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A Torre das Lavercas

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Ameixeiro, Daniel

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante

Páginas:
208

Idioma:
Galego

Resumen

A Torre das Lavercas era unha casa cunha cheminea moi grande e papá puxéralle ese nome porque había moitos niños de lavercas nos arredores. Eu tiña seis anos cando marcharamos dela, e dende aquela xa cambiaramos de casa outra vez máis. Agora estábamos a recoller as cousas para outro novo cambio, iamos a outro barrio da cidade. Xa na nova casa, o meu pensamento aquela primeira noite ía unha e outra vez á Torre das Lavercas; necesitaba volver, era coma se nela houbese algo importante para min. Ao final meu pai levoume ata a Torre. O meu cuarto seguía igual, pero algo xurdiu en min, supoño que había dores que levaba moi dentro e que necesitaba botar fóra, e comecei a chorar. Foi entón cando escoitei aquela voz: —Por favor, non chores. Un calafrío percorreu o meu corpo.
Cubierta

Vila Cerdeira

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Ameixeiro Daniel

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Punto de encontro

Páginas:
88

Idioma:
Galego

Resumen

Vila Cerdeira está máis preto do que pensamos e a xente que alí vive é máis real do que imaxinamos. É un sitio pequeno, con catro casas, un pozo que non da auga e, á súa beira, unha cerdeira. A súa sombra acolle a aperta do sentir e do vivir, materializada nas vivencias dos seus veciños e noutras moitas que xa só se atopan nos libros vellos e na memoria de quen non quere esquecer.
Cubierta

Xan e Pericán

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Ameixeiro, Daniel

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 7 Anos En Diante

Páginas:
72

Idioma:
Galego

Resumen

Xan é pequeno e gordecho, comellón e durmiñoco. Pericán é máis alto, come pouco e dorme menos. Xan e Pericán son deses amigos que sempre se perden nos camiños. Un día atopan un buraco no chan que os leva a unha cova con tres portas pequerrechas. A primeira era unha porta amarela cun cartel que poñía: “Aquí é onde comeza todo”. A segunda era unha porta verde que poñía con letras grandes. “Se entras, nunca te perdes”. A última era encarnada e tiña un sorriso pintado no que non poñía nada. A través das tres portas, Xan e Pericán coñecen a Anacleta que anda en bicicleta; ao señor Comendador, que vai en tractor e toca o tambor; a don Torcuato, o que vende vasoiras e amaña os zapatos; a don Claudio, médico de bruxas, xigantes e ananos… “Xan e Pericán” de Daniel Ameixeiro é unha narración que, aproveitando a estrutura dos contos acumulativos tradicionais, permite aos lectores avanzados de sete anos en diante unha viaxe polas tres portas da fantasía. Ao xeito da Alicia de Carroll, Xan e Pericán, os dous amigos caen no burato da imaxinación que os ha levar a coñecer personaxes máxicos e a superar probas nas que deben poñer en xogo todas as súas mellores habilidades. As espléndidas ilustracións a toda cor de Andrés Meixide realzan este texto, finalista do Premio Merlín de literatura Infantil 2003.