Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 21 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Á sombra do lueiro de papel

Ya leo solo (8+)

Autor:
García Teijeiro Antonio

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
72

Idioma:
Galego

Resumen

A Lúa é confidente de poetas e pintores, de soños, de esperanzas, e tamén é cómplice dos nenos que están a piques de nacer. A Lúa vístese de moitas cores, dorme polo día e érguese coa noite. Á súa sombra, goza destes versos, que son novos lueiros de papel.
Cubierta

Aire sonoro

Ya leo solo (8+)

Autor:
García Teijeiro, Antonio

Editorial:
Ir Indo Edicións

Colección:
O Elefante Contacontos

Páginas:
65

Idioma:
Galego

Resumen

Con Aire sonoro nace un sensible poemario sobre a música e os sons instrumentais. Daniel Barenboim ten dito que “un gran músico italiano de principios de século foi quen deu a única boa definición da música: a música é aire sonoro -dixo- aire con son; e non é nada máis ca iso”. Guiado por estas palabras, o autor mergúllase nos sons das notas musicais para convertelas en versos cheos de suxestións que nacen tanto das palabras como das fantasías dos instrumentos, das cores, dos animais, das flores...
Cubierta

Ao outro lado da esquina

Soy un buen lector (10+)

Autor:
García Teijeiro, Antonio

Editorial:
Editorial Bruño

Colección:
Galego - Bruño - Altamar

Páginas:
96

Idioma:
Galego

Resumen

Neste libro encontraredes catro contos que falan de amor, de paz, de solidariedade, nos que os personaxes son rapazas e rapaces con problemas, dunha idade similar e moi soñadores. Xoana, unha nena que está nunha cadeira de rodas, descobre o valor da amizade con Xacobe, un rapaz marroquí; Antón, un neno solitario, apréndelle a facer paxariñas de papel a Sariña; e Alicia, unha nena coxiña, atopa nun monicreque cheo de vida e no seu dono a alegría de vivir. Déixate levar pola fantasía e descubre o que se agocha aló, ao outro lado da esquina.
Cubierta

As palabras están a mirarse arredor da mesa

Soy un gran lector (12+)

Autor:
García Teijeiro Antonio

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Punto de encontro

Páginas:
96

Idioma:
Galego

Resumen

As palabras están a mirarse arredor da mesa abrangue un conxunto de poemas que se moven entre a sobriedade e a intensidade formal. A partir dun verso de Gioconda Belli, o autor exalta a forza da palabra poética nun mundo que precisa dela. Reivindica a necesidade da existencia dos poetas para que artellen espazos nos que o poder da lírica marque os límites dos sentimentos humanos. Unha fonda expresión do amor a través de imaxes poéticas pero, ao mesmo tempo, composicións austeras e directas, que tentan emocionar o lector e permiten distintas relecturas que enriquezan e conmovan.
Cubierta

Cando caen as follas

Soy un gran lector (12+)

Autor:
García Teijeiro Antonio

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Punto de encontro

Páginas:
64

Idioma:
Galego

Resumen

As follas de diferentes árbores convértense no fío que nos guía por un universo poético onde, amais do amor pola Natureza, salienta a importancia que nas nossas vidas teñen os sentimentos. O amor, a amizade e a nostalxia mestúranse cos soños, coas ilusións e coas lembranzas nun escenario perfectamente decorado cos trazos e coas cores de Xosé Cobas. O ecoar da nosa literatura, e doutras literaturas foráneas, acompaña estes versos que nos farán vivir momentos de lectura irrepetibles.