Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 10 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A caza do ghazafello

Soy un gran lector (12+)

Autor:
López Horro, Denís;Payno, Marcos;Torrado Blanco, Valentín

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Edicións Singulares

Páginas:
144

Idioma:
Galego

Resumen

Este non vai ser un paseo para preguiceiros. Vai ter que esforzarse moito o teu tacto, o teu gusto –haberá comida a eito–, encherás o teu ouvido con imaxes marabillosas... E sobre todo vai ter que traballar a feito o músculo de pensar, ese sentido que non se ve, que lle chaman imaxinación. Espero que a teñas ben adestrada porque lle imos ofrecer en doses moi altas o alimento que máis a excita: os debuxos, a música e as palabras. (Xurxo Souto) Música interpretada pola Orquestra das Ánimas Coas voces de: Antón Reixa - Xurxo Souto - Ugia Pedreira Pulpiño Viascón - Carcía MC, Ico Manolo Maseda - Coralie Yap-Chine
Cubierta

Cando os animais falaban

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Reigosa, Antonio;Miranda, Xosé

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Edicións Singulares

Páginas:
128

Idioma:
Galego

Resumen

Cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grande número de contos populares, de sucesos fantásticos e marabillosos, sobre todo protagonizados por animais, coma os cen que se recollen neste volume preparado por Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Ese tempo mítico pérdese na noite dos tempos e lévanos a unha época remotísima, de aí que esta frase apareza como fórmula de entrada de contos e relatos, sobre todo dos contos de animais e dos contos marabillosos e de maxia, moi similar a outras ben coñecidas como “Érase unha vez”, “Desta era” ou “Nos tempos de Maricastaña”. O cento de contos que se recollen neste volume, cada un deles ilustrado fermosamente a toda cor por Andrés Meixide, están tirados todos eles da tradicón oral galega; todos eles refírense ós tempos primitivos, os tempos da creación, cando se decidiu que as cousas fosen como son, que o carrizo fose pequeno, que a silveira dese amoras e que a cobra non tivese patas. Son contos populares que explican, a súa maneira, por que as cousas son dese xeito e non doutro. Neste libro, singularmente fermoso, quedan explicadas a orixe e a causa de moitos fenómenos naturais e conductas humanas: ¿Por que os corvos non son fachendosos?, ¿Por que a andoriña é un paxaro que trae sorte?, ¿Por que o moucho chama sempre polos bois?, ¿Por que os paxaros fan niño?, ¿Por que no inverno non se ve o cuco? ¿Como se alimentan as follas das árbores? Son algunhas das preguntas que se responden neste volume, cuestións que quedan explicadas dun xeito tan inxenuo e plástico como fermoso. Un libro imprescindible para coñecer e gozar e rir cos nosos mitos fundacionais, que poden compararse cos de calquera outro pobo do mundo.
Cubierta

Chirlosmirlos

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Cortizas, Antón

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Edicións Singulares

Páginas:
456

Idioma:
Galego

Resumen

Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares, resultado dun labor de investigación e de organización realizado a.o longo de varios anos, reune máis de catrocentos xogos, coas súas variantes e con propostas de adaptación ou anovación nalgúns dos casos. Xogos de correr ou de agochar; xogos de grupos e de equipos; xogos de roda; xogos con pelota; xogos das lombas; xogos das bólas ou con peón; xogos das tabas, coios e dados; xogos de lanzar ou de espetar; xogos da billarda; xogos da chapa; xogos da goma, da corda ou con aros; xogos para xogar no colo cos máis cativos; e un bo repertorio de can cións para choutar á corda. Chirlosmirlos é un libro de divulgación para estender e relembrar a arte de xogar. Con ser esta unha obra de alto contido etnográfico, de recolleita histórica, está concebida cun criterio eminentemente práctico e de fácil comprensión, para o seu uso no ámbito familiar, así como en centros escolares, asociacións, colonias, campamentos, ou nas actividades dos concellos. Esta enciclopedia contén numerosas ilustración explicativas de cada xogo; e tamén as partituras de moitas das cancións, producto dunha laboriosa transcrición musical.
Cubierta

Etiqueta para todos

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Pérez Pintos, Irene

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Edicións Singulares

Páginas:
72

Idioma:
Galego

Resumen

Que facer se o príncipe co que estás falando ten a cremalleira do pantalón desabrochada? E se a ministra que se achega a saudarte ten un moco asomándolle no nariz? Son moitas as ocasións nas que te asaltan dúbidas semellantes sen que saibas resolvelas de xeito satisfactorio. Pois non esperes a atopar aquí esas respostas. Neste manual non se contempla a totalidade de situacións da vida social para as que cómpre un especial fair play ou savoir faire que dicimos os galegos. Porén abofé que che será de grande axuda para chegares a ser a persoa educada e civilizada que a humanidade necesita que sexas.
Cubierta

O que ven os ollos dos nenos

Soy un buen lector (10+)

Autor:
García Teijeiro, Antonio

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Edicións Singulares

Páginas:
80

Idioma:
Galego

Resumen

“Non é cousa doutro mundo pintar o que ven os ollos dos nenos”, escribiu Castelao, dando pórtico a este libro de prosa poética de Antonio García Teijeiro. En O que ven os ollos dos nenos, terceira entrega da colección “A letra durminte”, agroma a palabra espida, sincera e espontánea dos que están a descubrir o mundo: “O muro está fermoso. O neno e maila nena sorrín, cóllense da man e comezan a canta-la canción da esperanza; senten así que están vivos”. O que ven os ollos dos nenos, ilustrado polas expléndidas colaxes de Fino Lorenzo, evoca a palabra dos poetas máis queridos de Teijeiro: Iglesia Alvariño, Noriega Varela, Amado Carballo, Celso Emilio Ferreiro, Xohana Torres, Federico García Lorca, Rafael Alberti.... Apaixonado pola literatura máis comprometida dos sentimentos, Teijeiro dirixe neste libro absolutamente singular, a súa mirada sobre o muro da poesía e da vida. Denuncia a inxustiza do noso tempo: dende as fames do Sudán, a situación de Chiapas, as guerras de Afganistán e Kosovo, ata a traxedia dos refuxiados que se desprazan cara a ningures... Libro escrito con prosa moi coidada e de grande beleza, O que ven os ollos dos nenos, é un berro pola cultura da paz e da tenrura sen límites que venza o paso do tempo.