Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 135 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A banda sen futuro

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Aleixandre, Marilar

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Páginas:
168

Idioma:
Galego

Resumen

A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conversas co ela desde a súa foto, aínda que non sempre lle dá a razón. Nestes meses Carlota descubrirá o amor e o desamor, e intentará pillar o ceo cos pés.
Cubierta

A Cabeza de Medusa

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Aleixandre, Marilar

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Páginas:
224

Idioma:
Galego

Resumen

Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, “unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a última páxina en que se resolve”. A amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña son temas abordados nesta magnífica novela con valentía, claridade e tenrura.
Cubierta

A casa dos Lucarios

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Moure, Teresa

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Páginas:
104

Idioma:
Galego

Resumen

Rosa e Chicho, cando perderon a súa terceira filla, María Celeste, aparecida morta no seu berce na segunda semana de vida, decidiron instalarse en Ferreira. Alí levantaron unha casa de dúas plantas, coa cociña grande daqueles tempos, pegada á corte, e dous cuartos máis para acubillar á xente miúda, ademais dun faiado fermoso onde gardaren mazas e millo e soños dos que escorregan polas fendas da madeira. Despois, Chicho tiraría coa corte e construiría a taberna, onde cada noite apertaba o fol da súa gaita grileira, e onde tamén Rosa acrecentaba, contra vento e marea, as súas industrias de vendedora de pezas do enxoval. A vida ía manando paseniño, coa correspondente ración de dores e alegrías, como mudaba a casa dos Lucarios. Teresa Moure ofrece nesta novela curta, escrita nunha prosa engaiolante, enchida de humor e sensualidade, a historia dunha familia a través das mudanzas e transformacións realizadas na súa vivenda ao longo de varias décadas. Un texto memorable dunha das nosas grandes escritoras contemporáneas.
Cubierta

A cidade en chamas

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Dorfman, Ariel,Dorfman, Joaquín

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Páginas:
304

Idioma:
Galego

Resumen

Heller Higland é un anxo da morte. Durante o verán anterior ao 11 de setembro de 2001, percorre velozmente na súa bicicleta as rúas de Nova York, unha cidade que semella se vai derreter. Heller, un adolescente maduro e consciente das inxustizas que existen no mundo, traballa ao servizo da empresa Noticias Suaves onde é o encargado de entregar as malas noticias. E faino de forma tan amable e considerada que os destinatarios das súas entregas, a maior parte emigrantes rusos, indios ou chilenos, o recoñecen como un mensaxeiro da esperanza. “A cidade en chamas”, escrita en colaboración por Ariel Dorfman e o seu fillo, o autor teatral, Joaquín Dorfman, constitúe unha das novelas máis orixinais e exitosas para xoves das publicadas recentemente nos Estados Unidos.
Cubierta

A Cova das Vacas Mortas

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Jaureguizar

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Páginas:
144

Idioma:
Galego

Resumen

Xoel é un mozo de Negueira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunha comuna na aldea de Foxo, preto do encoro de Salime. Farto da vida que leva soña con poder marchar de alí e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel muda o día en que o seu avó, viúvo e enfermo de alzheimer, chega dende Berlín para reatoparse coa filla. Entre a equipaxe, trae unha maleta chea de fitas de cine e mais unha cámara super 8. O vello cóntalle que foi colaborador da polémica e xenial directora de cine alemá Leni Riefenstahl, acusada de simpatizar co réxime nazi. Neses días Xoel coñece tamén a Iria, filla dun dos antigos propietarios das casas de Foxo, os cales comezaron a reclamar as súas vivendas ocupadas cando se construíu unha pista que fixo accesible o lugar. Entre eles nacerá unha historia de amor enfrontado. Iria, defende o dereito dos antigos propietarios de Foxo a recuperaren as súas propiedades e ademais representa a crítica ao nazismo e a calquera tipo de colaboración con ese réxime, mesmo a que mantiña o avó de Xoel ao axudar na filmación de escenas nazis.