Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 35 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A aspironeta

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Álvarez, Marta

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - Merliño

Páginas:
32

Idioma:
Galego

Resumen

Zip era unha aspiradora que non soportaba a idea de estar simplemente programada para aspirar. Cando á casa chegou a súa compañeira K-38, último modelo en aspira-doras robóticas, Zip quedou esquecida no faiado, logo guindada ao vertedeiro, xunto a outros moitos electrodomésticos. Todo mudará para Zip cando a recolla Sabela e a leve para a súa casa para convertela nunha aspironeta. Entón, comezará para Zip unha nova vida dedicándose a carrexar as nubes dun lugar a outro para compensar os efectos da choiva. A aspironeta, escrito e ilustrado por Marta Álvarez, é un divertido álbum para primeiros lectores sobre o papel dos electrodomésticos para facilitar a nosa vida cotián.
Cubierta

A carreira de sacos

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Pazos Hermida, Silvia

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - Merliño

Páginas:
32

Idioma:
Galego

Resumen

Unha mañá de agosto os animais do bosque deciden facer unha carreira de sacos. É unha competición tan importante que o souberon os animais de todas as partes do mundo. Os participantes son: a pulga, a chicharra, a ra, o coello branco e o canguro. Os corredores póñense en marcha, pero todos fan trampa. ¡Que escándalo!
Cubierta

A gardería de dona Bixelmina

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Fernández Serrano, Jacobo

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - Merliño

Páginas:
32

Idioma:
Galego

Resumen

Lucas Leoncavalo vive no circo onde traballan os seus pais. Cando o circo pechou, Lucas xa non será nin domador nin trapecista e será obrigado a ir á gardería de dona Bixelmina, que está invadida por virus e microbios. Lucas Leoncavalo terá en seme-llante gardería que loitar contra estes terribles bichos que contaxiaban a meniños e meniñas otites, catarros, gripes, lombrigas e pulmonías, conseguindo vencelos. Mais o que non contaba Lucas era que tamén debería vencer á terrible dona Bixelmina. A gardería de dona Bixelmina, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, é un álbum para primeiros lectores sobre o mundo do circo e das enfermidades conta-xiosas que se producen nas primeiras idades.
Cubierta

A pequena árbore

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Ferrer, Ánxeles

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - Merliño

Páginas:
32

Idioma:
Galego

Resumen

A pequena árbore ía medrando nun antigo souto, vendo como pasaban as estacións e como os merlos construían niños nas súas pólas. E o tempo ía pasando, ata que un día un prendelumes achégase ao souto.
Cubierta

A pomba dona Paz

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Caride, Ramón

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - Merliño

Páginas:
40

Idioma:
Galego

Resumen

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En conto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.