Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 10 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A góndola fantasma

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Rodari, Gianni

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 10 Anos En Diante

Páginas:
128

Idioma:
Galego

Resumen

Gianni Rodari escribiu esta obra hai cincuenta anos. Unha novela que constitúe unha grande homenaxe á “Comedia da Arte” e ós seus personaxes característicos os amos e os criados ou bufóns. Bufóns, pobres de todo, pero a cal máis pícaro, entre os que destacan: Arlequín, que vendería os calzóns feitos de distintos farrapos de macarróns, o máis raposeiro dos bufóns; Polichinela, o napolitano que ten máis de ladroeiro ca de criado, que loce unha xoroba diante e outra detrás; Colombina, a máis simpática e presumida do grupo, que sempre vai o seu e coquetea con calquera con tal de conseguir o que quere. Entre os amos, que mangonean moito e perden sempre, figuran personaxes como Pantalón, o vello avarento de Venecia, moi agarrado e de longuísima capa negra; o Doutor, o médico que non sabe de medicina; ou omedoso Capitán. Nesta divertidísima novela de Rodari, unha gondola fantasma, que navega sen gondoleiro polas canles venecianas, provoca secuestros, enganos, persecucións e abordaxes entre piratas, mercadores e personaxes da Comedia da Arte; todos buscan o fillo do Califa de Bagdad. ¿Quen viaxará nesa góndola misteriosa? Como sucede en toda a Comedia da Arte aquí os personaxes teñen moita máis importancia có argumento, xa que son os propios personaxes os que dan pé ó argumento. En “A góndola fantasma”, esta historia veneciana de Rodari, o lector asistirá as pelexas entre amos e criados, entre vellos emozos, entre poderosos e míseros, entre sabios e burros, e, neste caso tamén, entre mouros e cristiáns.
Cubierta

A lagoa das nenas mudas

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Casalderrey, Fina

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 10 Anos En Diante

Páginas:
128

Idioma:
Galego

Resumen

Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peiténase coma ela…, son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda. Pero Ío desaparece misteriosamente. A lagoa das rapazas mudas de Fina Casalderrey, ilustrado por Patricia Castelao, é o relato da emigración e o rexeitamento e as dificultades que sofren moitos emigrantes. A amizade de Amina e Ío amosa que, tantas veces, a posibilidade da comunicación está por riba das palabras. A convivencia no eido escolar, a comunicación extralinguüistica ou o coñecemento da cultura africana son alguns dos temas abordados nesta formidable novela para lectores e lectoras de 10 anos en diante.
Cubierta

Ás de mosca para Anxo

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Casalderrey, Fina

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 10 Anos En Diante

Páginas:
144

Idioma:
Galego

Resumen

¿Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e... a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón.
Cubierta

Cidades

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Alonso, Fran

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 10 Anos En Diante

Páginas:
72

Idioma:
Galego

Resumen

Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia. Cidades é unha porta para que os máis novos entren na poesía.
Cubierta

Emilia Pardo Bazán

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Queizán, María Xosé

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 10 Anos En Diante

Páginas:
112

Idioma:
Galego

Resumen

«Emilia Pardo Bazán nace cun don: a curiosidade, o afán de saber. É filla única e os seus amigos van ser os libros. Le todo o que encontra, incluso os papeis de envolver as pedras de azucre...» María Xosé Queizán convídanos a percorrer a época en que viviu Pardo Bazán e achéganos a súa vida e obra dunha maneira sinxela e entretida. O volume inclúe unha cronoloxía e unha escolma de textos que completan a biografía da gran narradora e pensadora galega.