Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 7 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A Bela Dormente

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Grimm, Jacob,Grimm, Wilhelm

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - Sopa De Contos

Páginas:
32

Idioma:
Galego

Resumen

Hai moito tempo había un rei e unha raíña que exclamaban tódolos días: -¡Ai, quen nos dera un fillo! –e non conseguían ter nunca un. Daquela sucedeu que, estando a raíña unha vez no baño, saltou un sapo da auga ó chan e díxolle: -O teu desexo será cumprido. Antes de que pase un ano taerás un fillo ó mundo… Era unha vez unha fermosa princesa a quen tódalas fadas concederon os seus mellores favores. Só unha fada envexosa botou sobre ela un terrible conxuro, e a princesa quedou profundamente durmida. ¿Cómo podería espertar do seu sono?
Cubierta

A Carrapuchiña Vermella

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Grimm, Jacob,Grimm, Wilhelm

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - Sopa De Contos

Páginas:
32

Idioma:
Galego

Resumen

Desta era unha pequena e doce rapariga que non ben un a vía xa quedaba engaiolado, pero sobre todo queríaa a súa avoa, que xa non sabía que darlle á nena. Un día regaloulle unha carrapuchiña de veludo vermello, e como lle viña moi acaída e non quería levar outra cousa, deron en chamarlle Carrapuchiña Vermella… Carrapuchiña Vermella era unha nena moi boa e obediente. Pero un día, cando levaba unha cesta a súa avoa, o malvado lobo enganouna. ¡Afortunadamente apareceu un leñador! Á seguinte vez, Carrapuchiña e a súa avoa xa non necesitaron axuda ningunha…
Cubierta

A historia dos tres porquiños

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Jacobs, Joseph

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - Sopa De Contos

Páginas:
32

Idioma:
Galego

Resumen

Había unha vez unha porca vella e os seus tres fillos. Como non tiñan dabondo para vivir, mandounos a facer pola vida polo mundo adiante. O primeiro porquiño bateu cun home que levaba un saco cheo de palla, e díxolle: -Fai favor, arríame acó esa palla para que poida facer unha casa… Había unha vez tres porquiños pero só o irmán máis vello era traballador e asisado. Por iso fixo a súa casa de tixolo. O porquiño non lle tiña medo ó lobo. ¿E logo o lobo ía ser máis listo ca el?
Cubierta

A princesa e o chícharo

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Andersen, Hans Christian

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - Sopa De Contos

Páginas:
32

Idioma:
Galego

Resumen

Era unha vez un príncipe que quería casar cunha princesa, pero tería que ser unha princesa de verdade. Así que viaxou por todo o mundo para atopar algunha. Pero sempre xurdía algún problema: princesas había un mundo delas, pero que fosen princesas de verdade non estaba claro de todo; sempre había algo que non acababa de cadrar. Así que volveu para a súa casa preocupado, porque devecía por atopar unha auténtica princesa… Era unha vez un príncipe que viaxara por todo o mundo na procura dunha auténtica princesa. Unha noite, no medio dunha forte treboada, chamou unha rapaza ás portas do palacio. ¿Será unha princesa de verdade?
Cubierta

Negros e brancos

Empiezo a leer (6+)

Autor:
McKee, David

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - Sopa De Contos

Páginas:
40

Idioma:
Galego

Resumen

Hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra. Ata que un día saíron da selva os netos dos elefantes amantes da paz…