Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 47 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A boca do inferno

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Freire Pérez Carlos

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Punto de encontro

Páginas:
80

Idioma:
Galego

Resumen

A boca do inferno é o misterio do que tratan as coplas do cego que un dia para na vila de Fontao na súa peregrinaxe a Compostela. A súa chegada pon en alerta a toda a poboación, en especial a certos fidalgos que temen ver descubertos os seus segredos e intrigas se, finalmente, ninguén lle impide ao cego cantar a súas historias. Obra teatral en dous actos, que aparece publicada por primeira vez tras ser representada con éxito polo grupo de teatro Trotaconventos.
Cubierta

A costureira das ánimas

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Prado Ana;Cubeiro Suso

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Punto de encontro

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

Hai uns anos, as costureiras percorrían vilas e aldeas coa máquina de coser sobre a cabeza na procura de visos, pantalóns, saias ou calquera outra peza de roupa para amañar. Había que ter forza, tanto nas pernas coma no pescozo, para termar da "singer" durante as complicadas andadas por montes e leiras ata chegar a algún lugar onde pasar a noite e coser o que dispuxese a dona da casa. En todas as familias, había as súas cousas entre mortos e vivos. Os mortos aturábanse ben. Os coitados dos finados eran corpos sen vontade que cumpría axeitar como se viña facendo desde sempre. A costureira deste relato atopouse nunha situación inesperada despois de que lle encargaran empanicar un morto. Descubriu que, ás veces, a relación cos mortos pode ser máis beneficiosa do que nunca chegara a pensar.
Cubierta

A historia do home-can

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Carballude José

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Punto de encontro

Páginas:
88

Idioma:
Galego

Resumen

O señor Dos Santos vive tranquilo e sen sobresaltos. A convivencia coa súa muller e unha boa posición económica permítenlle levar unha vida cómoda e despreocupada. Unha das súas afeccións é viaxar e agora, xa xubilado, emprega boa parte do seu tempo en percorrer mundo para visitar países exóticos. Nun deles coñece un indíxena que lle fala das posibilidades rexuvenecedoras dun elixir da súa invención. O señor Dos Santos, engaiolado pola idea de recuperar a mocidade, dálle instruccións para que lle faga chegar á casa a apócema milagreira. Logo dun tempo recibe o elixir e, sen perder un minuto, bebe a dose necesaria para perder uns cantos anos. Pero o resultado non é o esperado e o señor Dos Santos en lugar de ver reflectido no espello o corpo dun rapaz, atópase coa imaxe dun can. Malia o seu desconcerto e desesperación, le con atención a etiqueta do envase e nela descobre o porqué do novo estado: mesturara a apócema con alcohol. Asustado, sae á rúa na procura de axuda e o único que recibe son traizóns reaccións oportunistas e incredulidade. Para recuperar a súa aparencia hai un único camiño posible: cambiar a súa actitude ante a vida.
Cubierta

A Idade do Orballo

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Lois García Xosé

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Punto de encontro

Páginas:
64

Idioma:
Galego

Resumen

A idade do orballo conxuga dúas expresións que consolidan a creatividade narrativa do autor: o real e a ficción. Dous contextos que trascenden unificados e sen perder cada un deles a súa identidade e atribución. Un auténtico inventario de formulacións e referencias á terra, ao home e con recorrencia ao mito e á historia, todo en clave de ficción.
Cubierta

A incerteza dos paraísos

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Caride Ogando Ramón

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Punto de encontro

Páginas:
104

Idioma:
Galego

Resumen

Nos relatos de A incerteza dos paraísos a presencia do enigmático coexiste co gozo, co asombro, coa traizón que marcan a vida dos protagonistas, que acabarán sendo víctimas das súas propias paixóns. Todos eles buscan o camiño ó paraíso, pero a felicidade nunca é simple, ésta chea de sombras e misterios.