Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 526 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Os Megatoxos e a batalla de Rande

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Fariña, Anxo

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - Megatoxos

Páginas:
192

Idioma:
Galego

Resumen

O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias...
Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o " Indomable " - que non figuraba nos rexistros, e que este portaba unha arma capaz de cambiar o curso da historia. No fragor da loita comprobarán o poder do amor, un sentimento polo que paga a pena o sacrificio.
Un tesouro, un deus da creación e da destrución, unha batalla naval, moitos canóns e unha proposta: mudar o pasado para alterar o presente?
Cubierta

Os Megatoxos e o dragón de xade

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Fariña, Anxo

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - Megatoxos

Páginas:
200

Idioma:
Galego

Resumen

Nesta nova aventura dos Megatoxos, Ruxe, Ninfa, Faísca e Lúa viaxan ao Xapón medieval na procura do Toxo para evitar que Namuzu, unha aparición oriental, provoque un terremoto devastador.
Alí comprenderán o importante que son a familia e os nosos devanceiros, ao descubriren cousas do seu propio pasado. Chegarán a tempo para impedir que unha moza case por obriga cun sinistro nobre, e tentarán poñer a salvo unha alfaia de gran poder. Iso, se unha perigosa banda de ninjas ou un misterioso dragón, non aparecen para mudalo todo.
Loitas de poder entre samurais, seres mitolóxicos, amor, traizón... e un Toxo mutante que garda unha chea de sorpresas.
Cubierta

Nena e o mar

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Esmorís, Érica

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante

Páginas:
192

Idioma:
Galego

Resumen

Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas. Dende entón, Nena loitará contra a desidia e cansazo dos seus vellos habitantes e con toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá nun bote pequeno unha aventura temeraria e fantástica para rescatar ao seu pai.
Nena e o mar é unha novela circular e coral, unha aventura de esperanza e valentía, onde todo, absolutamente todo, é posible; mais onde tamén se poden saborear a ritmo pausado todos os ingredientes da vida nunha vila mariñeira e profundar nas historias dos seus vellos mariñeiros.
Cubierta

O pequeno mago + DVD

Ya leo solo (8+)

Autor:
Cameselle, Roque

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Pequeno Merlín - Albums

Páginas:
56

Idioma:
Galego

Resumen

Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso, un neno de tan só nove anos, pero armado dunha maxia sorprendente, logra que os malvados guerreiros fuxan espavorecidos. A noticia do prodixio esténdese por toda a comarca e, a partir de entón, Dubidoso será coñecido por todos como O Pequeno Mago. Xunto coa súa inseparable amiga Destreza embarcarase en innumerables e máxicas aventuras e enfrontarase ao poderoso bispo Xoán, señor e dono da cidade, que non lle perdoará que o deixase como un covarde diante dos seus vasalos. Conseguirá O Pequeno Mago saír vitorioso na súa rivalidade con tan poderoso inimigo? CONTEN DVD COA PELÍCULA “O PEQUENO MAGO” dirixida por Roque Cameselle.
Cubierta

As noites de Xián

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Blanco, Concha

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - Merliño

Páginas:
40

Idioma:
Galego

Resumen

Xián nacera nunha vila mariñeira e a súa casa estaba preto do mar. Desde o seu cuarto escoitaba o romper das ondas, que o arrolaba para coller o sono. Chegou o día no que tivo que deixar a súa vila e marchar a outro lugar. Outra vila fermosa, con montes e un río que a atravesaba, pero algo lle faltaba para poder durmir: o son do mar.