Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 7 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A pomba dona Paz

Leo con mis padres (3+)

Autor:
Caride, Ramón

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - Merliño

Páginas:
40

Idioma:
Galego

Resumen

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En conto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.
Cubierta

Dona Carme

Libros para bebés (0+)

Autor:
Bragado, Manuel

Editorial:
Ir Indo Edicións

Colección:
O Parrulo

Páginas:
24

Idioma:
Galego

Resumen

O sono de Dona Carme era tan pesado que nin todos os animais da granxa conseguían que Dona Carme acordara. Un can, un gato, un galo, un rato, unha ovella, un boi, un porco ou un burro non conseguirán o que o lobo. Un conto que anima os nenos a coñecer o berro de cada un dos animais.
Cubierta

Este é o medo

Libros para bebés (0+)

Autor:
Oli

Editorial:
Ir Indo Edicións

Colección:
O Parrulo

Páginas:
28

Idioma:
Galego

Resumen

Dous irmáns, neno e nena, dormen no seu cuarto. É noite pecha... o rapaz esperta de súpeto e cóbrese coas sabas porque ten medo. Unha gran cidade, o silencio, a escuridade... iso é o medo. Pero... o medo tamén ten medo, ou non?
Cubierta

Fai o teu conto con Don Martiño

Libros para bebés (0+)

Autor:
Rial, Loli

Editorial:
Ir Indo Edicións

Colección:
O Parrulo

Páginas:
24

Idioma:
Galego

Resumen

Mentres pasea, Don Martiño atoparase cunha vaca, unha gata ou unha rata, pero os berros dos animais asustarano e acabará agachándose dentro dunha lata. O neno pode crear o seu propio conto, xa que a obra lle ofrece a posibilidade de optar por diferentes vías e ir creando unha historia distinta cada vez que le e escolle os variados debuxos.
Cubierta

Historia da lingua galega

Autor:
Carreiro, Pepe

Editorial:
Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección:
Infantil-Xuvenil

Páginas:
60

Idioma:
Galego

Resumen

Cóntase, ao longo das súas 60 páxinas ilustradas, a historia da nosa lingua. É un libro de divulgación, cun enfoque humorístico e rigoroso, que, xunto ás ilustracións a dobre páxina e a toda cor, se fai de moi doada lectura. Estrutúrase arredor de doce períodos: 1) Que lingua falaban en Galiza antes da romanización; 2) A romanización; 3) A lingua de Galiza durante 700 anos; 4) Ao principio, lingua oral; 5) Conversión en lingua escrita; 6) A penetración do castelán; 7) Os Séculos Escuros; 8) A Ilustración; 9) O Rexurdimento; 10) O século XX; 11) A persecución no 36, e 12) A lingua galega hoxe.