Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 14 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Carapuchiña en rose

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Gracián Ánxela

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Punto de encontro

Páginas:
48

Idioma:
Galego

Resumen

Érase unha vez unha nena á que todo o mundo coñecía polo seu fermoso abrigo vermello con carapucha. Cada semana ía visitar á súa avoa, que vivía ao outro lado do bosque, para levarlle unha cesta chea de lambuzadas. Un día bateu con Lobo. Parecía tan educado, tan atractivo, tan engaiolador, tan respectable? non puido evitar namorarse del?. Carapuchiña "en rose" mantén un diálogo intertextual co conto clásico de Charles Perrault, revisando os roles clásicos femininos e masculinos, e lendo criticamente os modelos de amor que en moitos destes contos reais marabillosos se propoñen. Nesta nova versión de Carapuchiña, as mulleres toman conciencia da idealización do concepto de amor que lles vén imposto dende a máis tenra infancia reflexionando como, en ocasións, estes modelos de amor non son máis ca trampas que agochan actitudes machistas e misóxinas, cuxa finalidade é subxugar as mulleres baixo o poder masculino, patriarcal e dominante. Sen dúbida, Carapuchiña "en rose" é un relato orixinal no que a autora e o ilustrador realizan un excelente diálogo coa tradición contística, demostrando que todo é posible en literatura e que non existen fronteiras posibles.
Cubierta

Diario de Pichük. As minchas de Aridöndia

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Cráneo Manel

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
36

Idioma:
Galego

Resumen

Pichük e o seu robot investigan polos desertos de Aridöndia o comportamento da especie que lle dá nome ao seu planeta: as minchas niles. Descubrirán como viven no árido deserto e intentarán descifrar a súa linguaxe xestual coa que conseguen predicir acontecementos importantes antes de que ocorran.
Diario de Pichük, as vivencias dun científico soñador.
Cubierta

Diario de Pichük. O agradecido zigüt

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Cráneo Manel

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
36

Idioma:
Galego

Resumen

Pichük e Riböt pérdense na fría paisaxe de Hëlus, sorprendidos por unha tormenta de neve, mentres intentan atopar un exemplar dunha especie chamada zigüt. Mais non é doado dar cunha manda deles cando o problema principal é a súa supervivencia. A néboa e o frío só han ser algúns dos problemas nesta xélida viaxe polo sur do Planeta Mincha.
Cubierta

Diario de Pichük. O longo longöbio de Longölia

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Cráneo Manel

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir / Planeta Mincha - Diario de Pichük

Páginas:
36

Idioma:
Galego

Resumen

Nesta nova aventura, percorreremos xunto a Pichük e Riböt a rexión de Longölia, na procura dunha das máis grandes e enigmáticas especies do Planeta Mincha. O valor, a paciencia e a perseveranza son as armas que utilizará o protagonista para intentar acadar o seu obxectivo, pero non será fácil. Ninguén conseguiu endexamais verlle a cara ao longöbio, será o noso científico favorito quen de facelo? Diario de Pichük, as vivencias dun científico soñador
Cubierta

Diario de Pichük. O temible lampönak

Empiezo a leer (6+)

Autor:
Cráneo Manel

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Ler é vivir

Páginas:
36

Idioma:
Galego

Resumen

Pichük, o científico con máis prestixio do Planeta Mincha, intenta achegarse a unha das especies máis temibles da rexión de Aridöndia: o lampönak. O único momento de tranquilidade que, aparentemente, ofrecen estes depredadores dáse durante a dixestión aínda que esta agocha tamén os seus perigos. Unha misión de alto risco para Pichük e o seu robot Riböt.