Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 2 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

Carta das illas Bailarinas

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Prévert, Jacques

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante

Páginas:
No disponible

Idioma:
Galego

Resumen

As lilas Bailarinas chámanse así porque segundo os mariñeiros nunca paraban quietas. Amáis pequerrechiña das illas pasara inadvertida e o seu nome non fora gravado en carta ningunha e chamábanlle a Illiña de Nadiña. Os indíxenas vivian moi felices, facían a súa xustiza, a súa música, a súa poesía, a súa cociña, o seu pan. Na illa había un varredor que tiña todo moi limpo, chamábase Catro Mans Á Obra, non era nativo dela e era un simio. Un día chegou á illa un home e descubriu que alí todo era de ouro: os anzós dos pescadores, o ferro da pa do varredor... A partir de aí todo cambiou para a illa, fixeron unha ponte para unilos á Península, chegou O Xeneral Tesoureiro coa súa caixa rexistradora, que os obrigou a traballar nas Minas a punta de escopeta... Pero os indíxenas rebélanse e escóndense pola illa. Ó Xeneral ocorreúselle nomear a Catro Mans Á Obra Gran Almirante dos Mineiros, gabándolle a súa fachenda para lograr del a lista oficial e completa de tódolos recunchos máis secretos da illa onde se foran agacha-los indíxenas-mineiros. Catro Mans Á Obra decidiu darlle a resposta logo de durmir. Catro Mans bota moito de menos os tempos felices varrendo e descansando na súa hamaca e escoitando os paxaros. Os indíxenas estaban a agardar por algún sinal, calquera que fose e viñer de onde viñer, para volveren ó val; son os berros de Catro Mans Á Obra, facendo baterse en retirada ó Xeneral Tesoureiro, o que os pon en movemento.
Cubierta

Os soños na gaiola

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Manuel María

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 9 Anos En Diante

Páginas:
96

Idioma:
Galego

Resumen

O medio cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo infantil galego con estructuras sinxelas e rítmicas. Abren o libro dous poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha declaración de principios sobre o noso país para os nenos e nenas. De seguido, e baixo o epígrafe de " O mundo " , aparecen o sol, as etrelas, a lúa, o arco da vella, o mar, o río e o vento. No poema " As cousas " falan as campás, o barco, o chifre, o muíño, o ourizo, a fouce, o bolo, o foguete, o carro, o tractor, o arado. " Os homes, nenos e nenas " , é o título xenérico onde entran o labrego, o soñador, o afiador, a festa do patrón, os xogos, o lume novo, o pastor, a boneca, a roda-roda. Por último, dous epígrafes dedicados ós animais: o año, a bolboreta, o caracol, a pita choca, a vaca, o burro, a lebre, o galo, o gato, o lobo, o grilo, o corvo, o merlo, o carrizo, o escribinte, as andoriñas, o pazpallar, o cuco, o pardal, as pegas. Este libro é un clásico da nosa literatura infantil. O autor, nunhas palabras iniciais, di que " son versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan preciosos son. Eu quixera encher, en parte, este oco " . .