Buscador

Búsqueda avanzada
¡Quiero leer un rato! ¡Con book-trailer ! ¡Con vídeos! ¡Con audios!
¡Seleccionados por Leoteca! ¡Muestra del Libro! Con guía de lectura



Se encontraron 32 resultados con los criterios seleccionados

Cubierta

A casa abandonada

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Heinze, Ursula

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante

Páginas:
128

Idioma:
Galego

Resumen

Olalla é unha regular estudiante de final do 2º ciclo de primaria. O feito de suspender un exame obriga á protagonista a cumpri-la “penitencia” de atravesa-lo soto da casa abandonada, envolta na escuridade e polo medio da auga. O achado dun óso desencadea a aventura secreta de toda a panda. Polo medio, diferentes situacións que amosan as relacións coas persoas adultas, a amizade, as mancaduras, as vacacións, a escola, as trasnadas, os agasallos de Nadal, etc. O desenlace feliz, co descubrimento no soto da casa dunha tumba enigmática e dunha bolsiña de coiro con sete aneis de ouro. Unha casa abandonada, da que morreron tódolos seus moradores hai moito tempo, e unha panda de rapaces e rapazas son os ingredientes deste libro de aventuras, que obtivo o Premio Merlín an súa primeira edición no ano 1986.
Cubierta

A cidade dos desexos

Ya leo solo (8+)

Autor:
Fernández Paz, Agustín

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 7 Anos En Diante

Páginas:
64

Idioma:
Galego

Resumen

Os protagonistas deste relato son unha panda de tres nenas e dous nenos. O seu lugar de reunión, o Refuxio, é o baixo dunha casa deshabitada. Nuns días instalan no Refuxio unha oficina chamada CPIF, Centro de Promoción de Iniciativas Fantásticas. Decidense a chamar. Ábrelles Ana, invítaos a pasar e explícalles que o seu traballo é procurar que se fagan realidade os desexos da xente. Os da panda cren que a muller está burlándose deles. De repente Ana comeza a elevarse e queda flotando no aire, á altura do teito. Así, os cinco acaban crendo nos poderes daquela muller. De alí a uns días, Ana dilles que lles vai cumprir tres desexos. Eles, despois de pensalos, pídenlle que na cidade volva haber árbores, que regresen os paxaros e que nunca máis sexan negras nin grises as palabras da xente. Coa intervención de Ana, a panda consegue que volvan medra-las árbores mesmo por riba do asfalto, que os paxaros veñan á cidade atraídos pola grande cantidade de árbores que hai nela e o terceiro desexo xa se cumpre sen a intervención de Ana, porque a xente comeza a estar alegre e feliz naquelas rúas cheas de árbores e paxaros.
Cubierta

A Idade do Orballo

Soy un gran lector (12+)

Autor:
Lois García Xosé

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Punto de encontro

Páginas:
64

Idioma:
Galego

Resumen

A idade do orballo conxuga dúas expresións que consolidan a creatividade narrativa do autor: o real e a ficción. Dous contextos que trascenden unificados e sen perder cada un deles a súa identidade e atribución. Un auténtico inventario de formulacións e referencias á terra, ao home e con recorrencia ao mito e á historia, todo en clave de ficción.
Cubierta

A pantasma da torre

Ya leo solo (8+)

Autor:
Maceiras, Lourdes

Editorial:
Edicións Xerais

Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 7 Anos En Diante

Páginas:
40

Idioma:
Galego

Resumen

Mariña e os seus amigos queren saber se é verdade que hai pantasmas no campanario da igrexa da súa vila, pero todos teñen moito medo e non se atreven a intentalo. Unha noite por fin, achéganse ata o lugar. E será a nena quen suba as escaleiras da torre, sen saber que no máis alto lle agarda unha sorpresa inesperada. A pantasma da torre é unha divertida novela de pandas, narrada cun enfoque onde se alternan o medo e o humor. Un canto á amizade, que nos lembra que a aventura tamén pode aparecer entre os feitos sinxelos da vida cotiá.
Cubierta

A princesa que venceu a sombra

Soy un buen lector (10+)

Autor:
Babarro Xoán

Editorial:
Everest Galicia

Colección:
Montaña encantada

Páginas:
72

Idioma:
Galego

Resumen

Á princesa Li espéralle unha misión importante: recuperar os cantos, os contos, os soños... dos habitantes do reino de Baldaio, que viven ameazados pola sombra do Círculo do Dragón. A nosa protagonista decide percorrer todo o seu territorio co fin de recuperar as vellas historias que lle poden devolver a prosperidade ao seu reino. Unha viaxe iniciática por un mundo de fantasía crítico co mundo real que nos levará a descubrir que os dragóns máis escuros se agochan na mente e, ademais, adoitan ser invisibles.