Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

A bruxa sen curuxa

Autor: Cortizas, Antón

Ilustrador: Avi,

De tódalas bruxas que coñecedes, esta é a máis bruxa de todas. É unha bruxa auténtica, coma as de sempre, e vive nunha casoupa no medio da fraga. ¿Sabiades que unha bruxa non é auténtica se non ten unha curuxa? Pois é certo, por iso a bruxa Catuxa anda desesperadamente á procura dunha delas. Pero o que parece cousa de coser e cantar, resulta que non é tan doado como coser nin tan fácil como cantar, porque as curuxas andan escasas e moi protexidas pola lei.
¿Como fará, entón, a bruxa Catuxa para acada-la curuxa que precisa? Se ábre-lo libro saberalo.