Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

A formiga coxa

Autor: Aleixandre, Marilar

Ilustrador: Jaraba, Fran

Unha formiga coxa, unha ra peluda e unha cobra chosca deciden buscar algún lugar onde non sexan menosprezadas polas súas eivas e sexan consideradas iguais, e así comezan a súa aventura. O primeiro sitio ó que chegan é unha cidade enfeitizada. As tres amigas ofrécense a busca-lo remedio; nese traballo atopan un rato de biblioteca. Resolto o feitizo, a rexedora da cidade regálalles un estoxo de coiro que contén unhas tesoiriñas, unha agulla e un coitelo. Continuando a viaxe, as tres amigas, ás que se unirá o rato de biblioteca, caen presas dos fanáticos. Gracias ás tesoiriñas e mais ó coitelo de prata conseguen escapar da trampa. Chegan logo a unha illa onde todo é moi pequeno. Todos andaban moi preocupados buscando a princesiña Hipatia que xa levaba un día sen aparecer. As tres amigas conseguen encontrala despois de adiviña-lo esconxuro para abrí-la entrada dunha cova subterránea. Finalmente, nun val preto da praia de Estorde, encontran aquel lugar que andaban buscando.