Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

A pantasma

Autor: Lluch, Enric

Ilustrador: Luján, Rodrigo

Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido prestixio internacional. Os relatos, cheos de humor, foron escritos todos eles por Enric Lluch. Os protagonistas son criaturas ou monstros do imaxinario infantil relacionados co medo como a bruxa, o vampiro, o home do saco, o zombi, a pantasma, a momia, o ogro, o esqueleto, o monstro do armario e o home lobo. A intención da colección, ademais de entreter, é desdramatizar, con gran sentido do humor e fantasía, o papel que tradicionalmente exerceron estes seres terroríficos entre as nenas e os nenos. Ao final de cada conto, o lector atopa, ao xeito dunha clásica enciclopedia visual, unha divertida descrición do monstro en cuestión. Os dez títulos, que se presentan individualmente, tamén aparecen reunidos nun curioso baúl contedor de cartón ilustrado a toda cor. O conde de Lemos necesita unha pantasma que coide do seu castelo e traia o seu demo de fillo ao rego. O candidato perfecto resultará ser un inquilino do máis lambón e rabudo.