Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

A visita de Osiño

Autor: Holmelund Minarik, Else

Ilustrador: Sendak, Maurice

“A visita de Osiño” narra o día no que o pequeno protagonista desta serie vai ver a Avoa e Avó Oso, con quen goza moito escoitando as súas historias. O ton coloquial e a espontaneidade dos diálogos, a inocencia e os bos modais por parte de Osiño, xunto coa complicidade dos avós, son aspectos esenciais no texto, que transmite ternura e empatía.
Os contos que Avoa e Avó Oso lle contan a Osiño preséntanse como relatos independentes, que se suman ao capítulo de introdución e ao simpático desenlace da visita. A habilidade narrativa de Else Holmelund Minarik permite facer unha lectura global do libro, no que se plantexan cuestións como a liberdade ou a superación dos medos, ademais de poñer en valor a relación entre avós e netos, o diálogo mutuo e a transmisión de coñecementos e de afectos.