Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Adiviñanceiro popular galego

Autor: Gárfer, José Luis,Fernández, Concha

Ilustrador: Lorenzo, Fino

A adiviña é unha “enxeñosa descrición en verso dunha mensaxe que o receptor debe descubrir”. Neste adiviñanceiro dáse a coñecer boa parte do corpus adiviñancístico galego, que pacientemente foron recollendo os autores a salto de aldea, e que queda dividido en distintos mundos coma o dos animais, os vexetais, as cousas… E, como no xornalismo, no que a foto é a credencial da noticia, inclúese tamén unha serie de magníficos gravados de Fino Lorenzo para arroupar este Adiviñanceiro popular galego que acaba de nacer.