Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Ana xa chegou!

Autor: Canosa María

Ilustrador: Padrón Dani

A chegada dun novo membro a un fogar sempre é unha auténtica revolución. Iso foi o que aconteceu cando Ana decidiu lanzarse á vida. Amais da familia, había alguén especial agardando por ela, un compañeiro que viaxou desde lonxe para estar sempre ao seu carón. Xuntos descubrirán o mundo? e a vida. A pequena Ana resultou ser unha nena curiosa e espelida que abriu as pálpebras para descubrir o universo que a rodea, e para llelo facer ver aos demais desde outros ollos, sempre agarimosos e ledos.