Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Ariadna

Autor: Miranda, Xosé

Adriana e Ariadna son dúas irmás xemelgas que chegan ata o Vello Planeta nunha viaxe turística, gracias a que foran gañadoras dun concurso dos que aparecen nas tapas de cartón dos cereais. A estancia prevista de quince días, despois da viaxe dende o seu planeta Europa, no foguete interplanetario Hecatonquiric IV, modificará totalmente as súas vidas. No Vello Planeta aloxaranse no Cristal Palace, un dos dous únicos puntos de presencia humana no planeta virxe, no Paraíso Perdido do que a humanidade emigrara uns séculos antes. Alí atópanse cunha banda de foraxidos, con criaturas nativas semihumanas e cun científico coroado por un nimbo de luz. Hai unha rapaza robot, Preciosa, que se cre humana e que pregunta constantemente pola súa familia, e un rapaz de ollada triste e andares extraños. No seu primeiro día de estancia no planeta saen á caza de unicornios. O fío que une a Adriana e Ariadna vaise adelgazando nese labirinto constituído por un planeta enteiro. Ariadna, a última novela de Xosé Miranda, é unha obra de ciencia ficción engaiolante. Unha novela de aventuras trepidante, enfiada por una intriga permanente. Unha viaxe á procura da felicidade, enfiada polo descubrimento da identidade dos seres humanos, aqueles que disfrutan do amor e da tristeza, os que viven a mercede da natureza coas únicas armas da intelixencia e a solidariedade.